InicioCULLEREDOA veciñanza de Celas e Sueiro volve reclamar a petición histórica dunha...

A veciñanza de Celas e Sueiro volve reclamar a petición histórica dunha beirarrúa ante as falsas promesas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volveu a veciñanza de Culleredo saír á rúa por unha demanda histórica. Levan décadas solicitando unha na AC-400, que atravesa o concello de Culleredo. Unha senda que permita á veciñanza ir á escola, ao parque, á ogrexa, a tirar o lixo… sen xogarse a vida, pois a estrada entre Valiñas (parroquia de Sueiro), e Peiro de Arriba (na parroquia de Celas), non ten non hai nin beirarrúa nin apenas beiravía

Hai dous anos que a veciñanza organizábase para esixir a infraestrutura de seguridade viaria, pero tras varias idas e voltas coa administración autonómica, seguen sen confirmación. Así, esta pasada vin de semana volveron xuntarse unhas 70 veciñ@s para facer o mesmo percorrido que o ano pasado.

Beirarruas na AC-400 xa pancartas

De promesa en promesa. Da AXI á Valedora do Pobo pasando pola prensa

A veciñanza está cansa de falta de respostas, e de falsos anuncios a través da prensa. Xiana Vázquez, unha das voceiras da veciñanza, lembra que levan moito percorrido a través das administracións. Hai tempo que escribiron á AXI (Axencia Galega de Infraestruturas, depentende da Xunta), pero que non obtiveron resposta. Que acodiron á Valedora do Pobo, e á terceira, a Xunta respondía que o plan de Sendas redactado en 2024 xa recollía unha actuación de 1,5km na zona (só unha parte da solicitada pola veciñanza) cunha prioridade alta. Tamén na prensa aseguraban que o treito se ía afrontar.

Porén esa resposta dilatouse no tempo e nada se fixo, e nos orzamentos nada aparece. Ante a falta de concreción, case un ano despois sen resposta algunha, volveron acodir á Valedora do Pobo, presentando un novo escrito, e recibindo a resposta de que a este pequeno treito do que se reclama non se ía levar a cabo porque pasaba a ter “prioridade 3”, e agora só estaban traballando nas zonas de prioridade 1 e 2.

A veciñanza decicía volver convocar a concentración deste pasado sábado e durante esta semana a través da prensa, a Xunta e o PP local aseguraban que a senda volvía estar en prioridade 1, e que xa ten o proxecto en redacción.

A veciñanza decidiu manter a convocatoria de concentración. “Xa sabemos como funcionan esas promesas a través da prensa. Así que pedimos que actuén de verdade, que se execute de verdade. Queremos que nos dean unha resposta do treito concreto que se vai facer e que nos dean prazos concretos de execución, non de redacción”, asegura Xiana, orgullosa polo ambiente reivindicativo xerado entre a comunidade veciñal para esixir unha simple beirarrúa.

Beirarruas na AC-400 xa andaina
Imaxe da concentración deste sábado

Máis novas

As familias de Celas critican a falta de concreción da súa senda peonil

A andaina reivindicativa da veciñanza de Celas: “Beirarrúas, e non excusas”

A veciñanza de Celas segue a súa loita polas beirarrúas na AC-400

A veciñanza de Celas esixe unha simple beirarrúa para poder saír andando das casas

ÚLTIMAS

A gran trampa da nova licitación das escoliñas municipais. “Imos recurrir”

Vive a Rede de Escolas Infantís Municipais un comezo de curso convulso. Ata o...

O reitor da UDC urxe financiamento á Xunta e alerta sobre o problema da vivenda para estudantes

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, volveu reclamar á Xunta máis...

Defensa do Común defende a anulación da venda da Casa Cornide ao Franco e denuncia “pasividade” municipal

Defensa do Común mostrou o seu respaldo á proposta para a revisión de oficio...

La M.O.D.A. conquista un Recorda Fest dominado pola nostalxia dos 90 e dos 2000

O peirao da Batería da Coruña rendeuse esta fin de semana á nostalxia dos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here