- Xornada 5: Getafe 1 – Deportivo 1
- Merecido empate dun Depor que se acostuma a sufrir fóra da casa
O mercado de verán do Depor sorprendeu ata aos propios deportivistas. Despois de moitos anos escoitando aquelo de que “non hai cartos para fichar”, este verán todas esas voces quedaron mudas cada vez que anunciábase unha nova fichaxe. Os nomes, os números, as opcións, todo isto xera unha ola de optimismo, aínda que agora hai que transformalo nun equipo.
Ao comezo da tempada podían pasar dúas cousas, por un lado, un comezo dubitativo con derrotas típicas dun recen ascendido e con dez fichaxes por conxuntar. Por outro lado, un comezo tipo Valencia, onde a negatividade fora o protagonista e instalárase un ambiente propio do Depor de hai un tempo. Pero, o Depor sempre ten unha nova saída e cando pensabamos que xa estaba todo inventado, un equipo que levaba oito anos sen estar en Primeira, preséntase nesta nova categoría cunha solidez abraiante.
Solidez marcada polos resultados, polo xogo y polo alto rendemento dos xogadores dende ben cedo. Destaca Aubameyang polo goles, Amatucci polos pases, Mario Soriano polo físico, Luismi Cruz pola finura, Giménez pola autoridade, Quagliata pola intensidade, Nsongo Bil pola loita e aínda teñen que chegar Yeremay e Mella.
Se ben é certo que hai momentos nos partidos nos que o Depor tírase atrás e sintese dominado polo contrario, isto non ten reflexo en malos resultados. Incluso, parece que o equipo séntese cómodo nese “espera e contrataca” no que se converten seus partidos fóra da casa. Ata o de agora o Depor é o único equipo xunto co Barça que non perdeu ningún partido e hai xogadores do Depor na parte altas das estatísticas en varias facetas do xogo.
Non podemos pasar por riba unha das cousas máis importantes no fútbol, coma son as dinámicas. O Depor leva instalado nunha dinámica positiva e de boas novas dende maio de 2024 cando conseguiu ceibarse do barro e sentar as bases do proxecto dun ascenso a Primeira. Quen nos ía dicir que aquela ledicia non viría soa. Así e todo, o Depor elixiu a solidez coma carta de presentación no seu retorno a Primeira.
- Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

