InicioBARRIOSAs Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Publicada o

Por Redacción

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un dos momentos centrais das festas chegará o domingo 20 ás 13.00 horas coa celebración das Merendiñas da Torre, unha das tradicións populares máis singulares e queridas do barrio.
A actividade terá lugar no parque da Agra de San Amaro, na zona situada entre a avenida de Navarra e a residencia Torrente Ballester, xunto ao Memorial da Paz e da Liberdade.

Organizada pola Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-A Torre e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a iniciativa recupera o espírito das antigas xuntanzas populares que formaron parte da vida social da contorna da Torre de Hércules durante décadas.
A xornada combinará comida popular, música tradicional e foliada aberta á participación da veciñanza, coa colaboración de entidades culturais do barrio e a presenza da agrupación Cántigas da Terra. O obxectivo é reivindicar unha tradición popular histórica ao tempo que se fomenta a convivencia e a creación de novos espazos comunitarios.

Merendiñas da Torre

O programa completo

A programación arrancará o sábado 19 de setembro ás 11.00 horas cunha alborada e pasarrúas a cargo do grupo Xebre. A xornada continuará coa sesión vermú protagonizada polos combos da Escola Municipal de Música, actividades infantís no Campo de Marte, unha foliada familiar organizada por Son D’Aquí, o pasarrúas-concerto de Brassica Rappa e os concertos de Portosanto e Alana, que pecharán a noite festiva na rúa da Torre.

O domingo comezará ás 12.00 horas cunha nova edición do Roteiro da Memoria Cívica do Barrio, un percorrido que terá lugar na contorna do Monumento aos Irmáns da Lexía e do antigo cárcere provincial e que servirá para reivindicar a memoria democrática e o compromiso cívico de Monte Alto.

Festas de Monte Alto 2026

 

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here