O 112 informou do achado do cadáver dun home desaparecido este domingo no municipio coruñés de Oleiros. Segundo informou un particular este domingo, o sexagenerio non regresara a casa tras dirixirse á zona do Faro de Mera, en Serantes.
O servizo de emerxencias informou a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e a Emerxencias de Oleiros. Foi Salvamento Marítimo quen, esta mañá, informou de que atoparan o corpo aboiando no mar, falecido.

