InicioDEPORTESFeria de abril en Riazor

Feria de abril en Riazor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 7 – Deportivo 1 – Betis 1
  • Punto de loita e superación ante un rival de Champions.

— — — 

Un pouco fóra de calendario, pero Riazor viviu nos últimos sete dias a súa particular Feria de abril, recibindo aos dou representantes sevillanos nesta 1ª división. Estes encontros deron para confirmar varias cousas que describen o salto tan grande que hai entre a 1ª e as competicións nas que se desenvolveu o Depor nos últimos oito anos. Dous rivais da zona nobre da clasificación que comezaron a Liga con bos resultados e que serven de vara para medir o nivel deste recén chegado Depor.

A 1ª División eleva o nivel dos xogadores e dos equipos aos que te enfrontas cada semana. O Sevilla levouse os tres puntos de Riazor o mércores pasado sen necesidade de esmagar ao Depor co seu xogo, presión ou calidade. Mais ben foi un encontro parello no que un simple desaxuste nunha contra, un mal rexeite e un mal remate acabou nas redes.
Onte viviuse algo semellante, pois o gol do Betis chega nunha acción de medios erros que culmina cun remate seco e axustado ao que Leo Román pouco pode facer. Moito castigo para tan pouco erro. Pero, despois da mellor segunda parte do equipo no que vai de competición e tras amosar unha presión para recuperación e tránsito rápido do balón, infinidade de pases filtrados entre liñas e remates a porta, o Depor só acadou un punto no minuto 87.

Mención aparte merece o VAR e a súa utilidade. A arbitrariedade do seu uso non axuda a entender o criterio que teñen os árbitro para tomar as decisións nun o noutro sentido. Queda claro que o Cucho eleva o pé, toca balón e despois a cabeza de Ximo. Vermella no 99% dos casos semellantes noutros encontros. Onte tocou o árbitro do 1%.

Así e todo, o Depor acada os 10 puntos en 7 encontros despois de amosar un bo nivel de competición. Poucos goles recibidos, pouca sensación de inferioridade fronte o rival, un Depor que non renuncia a xogar igual co ano pasado, moita intensidade na presión, alto porcentaxe de  recuperacións e un mirar cara adiante constante que indican personalidade do equipo.

Resumindo, un bo Depor nestes sete primeiros encontros que perde a metade do que gaña e gaña a metade do que empata.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

Máis artigos de Miguel Barreiro

ÚLTIMAS

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

En marcha as obras de mellora da accesibilidade no Castro de Elviña

O Concello comezou as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade no...

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta passada noite de mércores a gala ‘Mulleres...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here