InicioCULTURAA cantautora coruñesa Silvia Penide, teloneira de Silvio Rodríguez en Sevilla

A cantautora coruñesa Silvia Penide, teloneira de Silvio Rodríguez en Sevilla

Publicada o

Por editor

A cantautora galega Silvia Penide será a encargada de abrir o primeiro dos dous concertos de Silvio Rodríguez en Sevilla. Con máis de vinte anos de traxectoria e colaboracións con Víctor Manuel, Andrés Suárez, Mercedes Ferrer e Javier Álvarez, entre outros, a súa voz e as súas letras conectan directamente coas emocións dos seus fans en cada directo.

Para Silvia, que viaxará exclusivamente para esta actuación xa que a tarde do 26 ten un concerto no Café Doré da Coruña, é un soño cumprido xa que, como para a gran maioría de quen dedica a súa vida á canción de autor, o artista cubano é un dos seus máximos referentes.

Silvia foi seleccionada tras enviar unhas liñas persoais para Silvio, así como varias cancións dos seus máis de 22 anos de carreira e unha breve biografía artística. Precisamente o venres 25 edita un single de adianto do EP Los cuidaddos que verá a luz o 29 de outubro, Día Mundial dos coidados e do apoio. O título da canción é Pasará como todo. Un pequeno himno á esperanza. Os arranxos e a producción correron a cargo de Arturo Vaquero nos Estudios Abrigueiro.

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

Afectados estafados por un ex axente de banca de Laxe aceptan o pago de indemnización pola entidade bancaria

Afectados estafados por un exagente de banca de Laxe aceptaron o pago dunha indeminazación...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Baixan os accidentes e emerxencias nas praias da Coruña: 665 incidencias este verán

Os servizos de salvamento do Concello da Coruña destacaron un "descenso xeral" no número...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here