InicioA CORUÑAO Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición dos Premios Mestre Mateo, que terá lugar o vindeiro 27 de febreiro en Palexco.
A gala suporá o regreso dos premios á cidade, que xa acolleu catorce edicións ao longo da súa historia, consolidando a estreita vinculación existente entre a Coruña e os principais galardóns do audiovisual galego. A primeira celebración na cidade tivo lugar en 2006, tamén en Palexco, e desde entón os Mestre Mateo pasaron por espazos como o Teatro Colón, o Palacio da Ópera, ExpoCoruña ou o Coliseum.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a satisfacción que supón para a cidade acoller unha edición tan especial dos premios. “A Coruña mantén unha relación histórica cos Mestre Mateo e co audiovisual galego. Recibir novamente esta gala, e facelo ademais no seu vinte e cinco aniversario, é unha magnífica noticia para a cidade e para todo o sector cultural coruñés”.

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, a coruñesa Lucía Veiga, destacou a especial vinculación da entidade coa cidade, onde hai 25 anos celebrou a súa primeira asemblea constitutiva: “Desde aquel primeiro momento, a colaboración e a visión estratéxica do Concello foron determinantes para que a Academia establecese aquí a súa sede permanente e construíse unha parte fundamental da súa historia. Tamén os Premios Mestre Mateo tiveron desde os seus inicios na Coruña un importante piar e un punto de referencia”.
Veiga lembrou que, tras varias edicións de carácter itinerante que permitiron levar a gala a diferentes cidades galegas, esta XXV edición era unha ocasión especial para regresar á cidade: “Nunha edición tan especial, tiñamos claro que había que volver á casa. Cumprir 25 anos é un fito que merece unha celebración á altura. Queremos que esta edición sexa unha homenaxe a todas as persoas que construíron o audiovisual galego e, ao mesmo tempo, unha celebración do futuro do noso sector”.

A cidade acollerá nas próximas semanas unha programación paralela de actividades arredor do audiovisual galego, coa vontade de achegar a celebración á cidadanía e abrir novos espazos de encontro entre profesionais e público.

Así foi a gala do ano pasado:

Sirat e Antes de Nós triunfan nuns Mestres Mateo de protagonismo feminino

O conto do rei nu

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here