InicioA CORUÑAA comunidade xorda de Galicia reivindica os seus dereitos humanos na Coruña

A comunidade xorda de Galicia reivindica os seus dereitos humanos na Coruña

Publicada o

Por Redacción

A cidade da Coruña acolleu este sábado a celebración do Día Internacional da Xordez, unha xornada de defensa e celebración na que persoas xordas e xordocegas, as súas familias, amigos e representantes institucionais de toda Galicia se reuniron para dar a coñecer as realidades da comunidade e defender os seus dereitos.

O evento, organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e a Asociación de Persoas Xordas da Coruña (Aspesor), contou coa participación de asociacións afiliadas de toda Galicia e reuniu a máis de 200 persoas nun programa centrado na defensa, a construción comunitaria e a promoción da Lingua de Signos Española.

A tradicional marcha protesta percorreu o centro da cidade, acompañada por unha banda de batucada e bandeiras azuis e amarelas representativas da comunidade xorda, enchendo o percorrido de cor e visibilidade para esixir unha sociedade máis accesible e inclusiva. Ao chegar á praza de María Pita, tivo lugar o acto oficial, ao que asistiron representantes da comunidade xorda e das administracións públicas.

A comunidade xorda de Galicia reivindica os seus dereitos humanos na Coruña

Interviron Beatriz Barreiro, presidenta de Aspesor, e María Alonso, presidenta de FAXPG, xunto con Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña, e Begoña Abeijón, directora xeral para as Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia. Un dos momentos máis significativos do día foi a lectura do manifesto elaborado para esta celebración, no que se destacou a necesidade de garantir plenamente os dereitos humanos das persoas xordas máis alá das meras palabras, mediante medidas reais e eficaces.

A celebración continuou ao longo do día con diversas actividades culturais, sociais e participativas que puxeron de manifesto a riqueza da comunidade xorda e fortaleceron os lazos entre as persoas xordas de toda Galicia.

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

Estas son as 32 propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos

O Concello da Coruña presentou onte as propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos 2026, un...

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here