InicioA CORUÑAEstas son as 32 propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos

Estas son as 32 propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos

Publicada o

Por Redacción

O Concello da Coruña presentou onte as propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos 2026, un proceso no que a cidadanía decidiu o destino de máis de 2,5 millóns de euros en investimentos municipai a través da plataforma nacorunacontas.coruna.gal.

Nesta edición presentáronse un total de 436 propostas de investimento, superando as 424 rexistradas na anterior convocatoria. Das iniciativas recibidas, 102 foron consideradas viables tras a análise técnica, xurídica e económica realizada polos distintos servizos municipais. Finalmente, a cidadanía seleccionou 32 actuacións.

As actuacións seleccionadas inclúen proxectos de mellora do espazo público, zonas verdes, accesibilidade, mobilidade, equipamento urbano, lecer, deporte e biodiversidade distribuídos polos dez distritos da cidade. Entre as iniciativas elixidas figuran actuacións no Mercado de San Agustín, novas plantacións de arborado, creación e renovación de áreas infantís, melloras en espazos públicos, novas hortas urbanas, áreas caninas, actuacións de accesibilidade e a creación de itinerarios peonís e equipamentos de uso veciñal.

Ademais, a veciñanza seleccionou 6 proxectos de ámbito cidade, cun investimento conxunto de 513.500 euros. Entre eles inclúense a instalación e reposición de fontes públicas, a creación de refuxios de biodiversidade urbana, unha rede de circuítos deportivos sinalizados, a colocación de cofres con aros salvavidas ao longo do paseo marítimo e novo equipamento para os locais TEU.

O seguinte paso será a aprobación dos resultados nos órganos municipais correspondentes. A previsión é elevar a proposta á Xunta de Goberno Local na primeira sesión ordinaria de outubro, continuar a súa tramitación na Comisión Informativa de Economía e, posteriormente, levala ao pleno municipal. Unha vez completado este procedemento, os proxectos iniciarán a súa fase de desenvolvemento e execución durante os anos 2027 e 2028.

Proxectos seleccionados e orzamento

Distrito 1: Cidade Vella – Pescaría

● Creación de aseos públicos accesibles na planta 0 do Mercado de San Agustín: 70.000 euros.

● Creación dun cuarto refrixerado para residuos no Mercado de San Agustín: 60.000 euros.

● Instalación de consignas intelixentes no Mercado de San Agustín: 50.000 euros.

Distrito 2: Monte Alto

● Plantación de arborado no paseo marítimo dos Pelamios: 60.000 euros.

● Ampliación e humanización da praza de San Xosé: 130.000 euros.

Distrito 3: Ensanche – Catro Camiños

● Acondicionamento dos xardíns da praza da Fábrica de Tabacos: 80.000 euros.

● Creación dunha área infantil entre Castiñeiras, Cabana e Juan Flórez: 129.577 euros.

Distrito 4: Os Mallos – Sagrada Familia

● Reurbanización e humanización da praza da rúa Puerto Rico: 224.800 euros.

● Renovación das áreas de descanso da explanada do Palacio da Ópera: 6.000 euros.

Distrito 5: Riazor – Labañou – Os Rosales

● Creación dunha zona de xogo infantil no parque Adolfo Suárez: 50.000 euros.

● Plantación de arborado en dúas zonas verdes dos Rosales: 30.000 euros.

● Mellora do alumeado e mobiliario no acceso ao Ágora: 25.000 euros.

● Renaturalización no Paseo de Rolda: 56.000 euros.

● Renovación do parque infantil de San Roque: 100.000 euros.

Distrito 6: Agra do Orzán

● Execución dunha rampla de acceso á rúa Mosteiro de Monfero: 7.000 euros.

● Humanización dun tramo da avenida das Conchiñas: 206.353 euros.

Distrito 7: Os Castros – Elviña

● Creación de hortas urbanas no polígono de Someso: 120.000 euros.

● Creación dunha área canina no polígono de Someso: 160.000 euros.

Distrito 8: Eirís – As Xubias

● Mellora do alumeado e sinalización da senda runner de Xuxán: 50.000 euros.

● Acondicionamento da fonte do Laranxeiro e da súa contorna: 50.000 euros.

Distrito 9: Mesoiro – Castro de Elviña

● Renovación e modernización do parque infantil de Novo Mesoiro: 105.000 euros.

● Instalación de alumeado no parque xuvenil de Ribeira Sacra: 35.000 euros.

● Creación dun parque biosaludable na urbanización Breogán: 60.000 euros.

Distrito 10: Agrela – Bens

● Creación dun itinerario accesible ata a parroquia do Pilar no Ventorrillo: 50.000 euros.

● Melloras nas conexións entre O Ventorrillo e o futuro parque de Visma: 30.000 euros.

● Creación dun observatorio ornitolóxico no litoral de Bens: 55.000 euros.

Proxctos para Toda a cidade

● Instalación e reposición de fontes públicas na cidade: 110.000 euros.

● Creación de refuxios de biodiversidade urbana: 100.000 euros.

● Sinalización dunha rede de circuítos deportivos urbanos: 25.000 euros.

● Ampliación da rede de fontes lúdicas da cidade: 220.000 euros.

● Instalación de cofres con aros salvavidas no paseo marítimo: 52.000 euros.

● Instalación de pantallas nos locais TEU: 6.500 euros.

Máis novas

O goberno da Coruña presenta ás entidades veciñais a nova edición dos Orzamentos Participativos 2026-2027

O Concello da Coruña convoca, tres anos despois, unha nova edición dos Orzamentos Participativos

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here