InicioA CORUÑAO persoal municipal de Cambre retomará as mobilizacións ante "incumprimentos" en materia...

O persoal municipal de Cambre retomará as mobilizacións ante “incumprimentos” en materia laboral

Publicada o

Por europapress

O persoal municipal do Concello de Cambre (A Coruña) retomará as mobilizacións “ante a falta de cumprimentos nas súas principais reivindicacións e resposta insuficiente do goberno de Diana Piñeiro tras máis de quince meses de mandato”, sinala a CIG sobre a nova rexedora, do PP.

Faino despois de que, nunha asemblea celebrada este martes, a representación do persoal trasladase os contidos da reunión mantida na xornada previa coa alcaldesa e o concelleiro responsable de Recursos Humanos. Segundo a central sindical, o goberno local “comprometeuse a levar ao pleno de outubro unha nova regulación da produtividade, pero o persoal segue sen percibir as cantidades correspondentes ao tres primeiros trimestres de 2026″, sinala, entre outras cuestións como a Relación de Postos de Traballo

Na asemblea, tamén se informou da actuación da Inspección de Traballo que, apostila, instou o consistorio a unha avaliación de riscos psicosociais antes do próximo mes de xaneiro polas situacións de incapacidade temporal.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...