InicioA CORUÑA29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: "Toca decidir entre os que amparan...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Publicada o

Por europapress

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de novembro. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou en redes sociais que a España tócalle “decidir entre os que amparan os fondos voitre e os que defenden a vivenda”.

Rey fixo esta valoración ante a necesidade, dixo, de que os españois decidan sobre o futuro que queren para España e se prefiren deixala en mans da “onda ultradereitista” ou pola contra optar por seguir avanzando cun Executivo progresista.

Na mesma liña, a rexedora herculina escribiu que “o 29 de novembro toca dedicir que España queremos: a que ampara a xenocidas e defende aos fondos voitre ou a que protexe ás persoas e o seu dereito a vivenda”. Así mesmo, na súa conta na rede social ‘X’, engadiu que “fronte ao odio e o rancor, ilusión e traballo para seguir construíndo España”.

A preguntas dos xornalistas xa en rolda de prensa, sinalou que a cidadanía ten que elixir “entre dereitos ou recortes”. “Elixir o progreso e o avance ou volver a unha España de branco e negro, quen quere avanzar en dereitos ou darlle o botón de pausa e volver a tempos que non queremos volver”. “Hai que mirar ao resto de Europa onde se reverteron avances”, sinalou sobre a presenza da ultradereita noutros países.

ÚLTIMAS

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

O Circo de Artesáns acolle esta tarde unha mesa sobre a sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galica, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía...

O Concello dixitalizará as colonias felinas da cidade

O concello avanza un novo modelo de xestión das colonias felinas da cidade. Así...