InicioPOLÍTICAReaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Publicada o

Por europapress

Morreu Xosé Manuel Beiras, un dos grandes políticos galegos dos últimos tempos e unha icona para o nacionalismo desde os tempos de Castelao. O referente histórico do nacionalismo galego, faleceu na madrugada deste xoves na súa casa da Reboraina, en Brión (A Coruña), aos 90 anos de idade.

Fontes da contorna do economista, cunha longa traxectoria política en Galicia, confirmaron a súa morte a Europa Press. Cunha vida marcada pola loita contra o poder e pola defensa de Galicia, foi un dos fundadores do Partido Socialista Galego (PSG) e do que sería o Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao que levou en 1997 a acadar o seu mellor resultado no Parlamento galego: 18 deputados e a segunda forza.

Tras discrepancias coa UPG e co funcionamento interno da fronte nacionalista, Beiras abandonou o BNG no ano 2012 e fundou Anova Irmandade Nacionalista, formación coa que apostou por confluencias con outras forzas da esquerda do ámbito estatal. Despois de distintas tensións entre os partidos que formaron parte desas coalicións, o histórico líder nacionalista revisaríase a súa relación coas forzas estatais e iniciaría o reencontro co Bloque, apoiando nas eleccións autonómicas de 2024 a candidatura de Ana Pontón.

No eido profesional estivo á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e autor de “O Atraso Económico de Galicia”, unha das obras de referencia de economistas e políticos durante anos.  Foi profesor de importantes figuras do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE (PSdeG-PSOE) como Emilio Pérez Touriño ou Abel Caballero e en 1999 pediu a excedencia como docente. En 1976 foi escollido membro de número da Real Academia Galega, mais renunciou ao cargo en 1986 sen chegar a tomar posesión do mesmo. En 2022 foi premio Luís Porteiro Garea da USC polo seu “labor activo a prol da lingua galega”.

ÚLTIMA HOMENAXE NO MUSEO DO POBO GALEGO 

Tras coñecerse a morte dunha das figuras máis relevantes da historia política galega contemporánea e referente do nacionalismo galego, a familia informou de que as persoas que desexen renderlle unha última homenaxe poderán facelo na sala habilitada para ese fin no Museo do Pobo Galego, que permanecerá aberta desde as 12,00 horas do venres, día 9 de outubro. Así mesmo, os seus achegados, que piden participar no acto público de homenaxe aberto á cidadanía que se celebrará ás 16,00 horas do venres no Museo do Pobo Galego, agradecen que se respecte a súa intimidade e piden que non se acuda ao domicilio familiar.a galega”.

Reaccións: “Unha persoa á que lle cabía o país na cabeza e no corazón”

As primeiras reaccións chegan do BNG local, da man de Francisco Jorquera, e de Sumar.

Jorquera recoñeceu aínda estar conmocionado opla nova. Compartín moitas vivenzas, momentos bos e momentos conflitivos, pero foi uha das persoas que máis aprendín na miña vida. Unha persoa dunha altura intelectual incribel, unha persoa á que lle cabía o país na cabeza e no corazón, e un dos grandes referentes da historia contemporánea de Galicia e do nacionalismo galego”.

Pola súa parte, o Movemento Sumar Galicia expresa “a súa profunda tristeza polo falecemento”. O secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, sinala que “hoxe Galicia perde unha das grandes figuras da súa historia contemporánea. Unha persoa que dedicou boa parte da súa vida a pensar este país, a estudar as causas das súas desigualdades e da súa dependencia e, sobre todo, a defender que Galicia tiña dereito a construír o seu propio futuro”.
“Beiras foi moito máis que un dirixente político. Foi economista, profesor, intelectual, ensaísta e, por riba de todo, unha persoa profundamente comprometida con Galicia. O seu traballo sobre a economía galega e, de maneira moi especial, sobre a Galicia rural e agraria, contribuíu a cambiar a forma de analizar a realidade do país”, destaca López.
“É difícil comprender a historia da esquerda e do galeguismo político das últimas décadas sen comprender o papel que xogou Beiras. Desde a súa participación na fundación do Partido Socialista Galego, pasando pola construción do BNG e chegando posteriormente a Anova e á experiencia de Alternativa Galega de Esquerda, foi protagonista de procesos que abriron camiños e deixaron unha fonda pegada na política galega”.

 

ÚLTIMAS

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

A Xunta estuda a “posibilidade de mellorar algunhas conexións” de bus coa Universidade da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, afirmou que a Xunta estuda "a posibilidade de...

Presentan no Circo de Artesáns a edición facsímile da centenaria “Historia de Galicia” de Ramón Marcote

O Circo de Artesáns da Coruña acolle este venres, día 9, a presentación da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here