InicioA CORUÑALabañou e San Roque celebraron unha merenda colectiva por unha escola "digna...

Labañou e San Roque celebraron unha merenda colectiva por unha escola “digna e segura”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non decae a loita da ANPA do CEIP Prácticas por unha reforma integral no centro. A pesar das promesas en quente do Conselleiro durante unha visita hai agora un mes, as familias seguen sen ver novas oficiais. Ante esta situación convocaron esta tarde de mércores unha merenda colectiva na praza da Tolerancia (ao carón de Náutica, no barrio de San Roque) para demandar de novo “un colexio digno, seguro e en condicións para os nosos nenos e nenas”.

Un xeito divertido de recordar a todas as institucións da necesidade “urxente” dunha reforma que levamos anos reclamando polas penosas condicións do colexio. “O noso centro non pode agardar máis. Queremos algo máis que promesas”, demanda a ANPA, que “non se conforma” cos anuncios sen certificar documentalmente e que está especialmente atenta ao próximo proxecto de Orzamentos da Xunta para o 2027.

O acto serviu ademais informar as familias das últimas novidades. A propia ANPA, a semana pasada realizou unha xuntanza co arquitecto técnico que está facendo o proxecto de rehabilitación do centro, escoitando as necesidades reais das familias, e mesmo falando de prazos. “Pero fáltanos que se traduza ao papel”. O propio arquitecto recoñeceu que “hai que meter man en todo: tellados, chans, envolventes, humidades, filtracións, illamento térmico, carpinterías, portas, baños…”

“Parece que a intención é boa, pero necesitamos que haia unha partida orzamentaria nos Orzamentos de 2027 con nomes de apelidos para ter garantías”, deixan claro dende a ANPA, lembrando que ademais queren ver asinado o acordo entre Consellería, Concello e UDC.  “Non imos deixar a mínima oportunidade”, avisan.

Merenda Colectiva do CEIP Practicas. na Tolerancia

Máis novas sobre a situación das escolas

O conselleiro de Educación promete ás indignadas familias do CEIP Prácticas que afrontará a reforma integral

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

Á rúa por unha reforma integral no CEIP Cidade Vella

A Federación de ANPAS da Coruña alerta dun deterioro “alarmante” en 70 centros públicos e convoca unha manifestación na cidade

ÚLTIMAS

O goberno da Coruña abre unha vía de negociación co BNG tras o bloqueo dos orzamentos

O voceiro do goberno municipal da Coruña, o socialista José Manuel Lage, avanzou que...

A patronal dos supermercados da Coruña cuestiona as folgas e defende a súa oferta salarial

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña puxo en cuestión que se manteñan...

A Coruña únese este sábado á Limpeza Simultánea de Praias

Únense varios colectivos á XV Limpeza Simultánea de Praias, que a Asociación Ecoloxista ADEGA propón...

EMVSA asume a xestión da piscina municipal climatizada cuberta de San Amaro despois de 3,5 anos co contrato caducado

Dende maio de 2023 leva caducada a xestión da piscina municipal de Santo Amaro,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here