InicioBARRIOSAs familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por...

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos de mobilizacións  ante as graves carencias e deficiencias que sofre o centro, pero o “desleixo e o silencio da Xunta” ante o lamentable estado no que se atopan as instalacións, está colmando a súa paciencia.

Esta mañá de venres, despois de empapelar a entrada do centro con cintas de “alarma nuclear”, volveron concentrarse as portas do centro de Labañou e San Roque. A berros “Xunta, escoita, o Prácticas en Loita” quixeron amosar o seu cansanzo coas tres administracións implicadas no mantemento do centro educativo (Concello, UDC e
Xunta)

Armados con algúns cascos de obra, volveron saír á rúa para esixir melloras que garantan un ambiente seguro, saudable e axeitado para a aprendizaxe de 200 nenos e nenas. Porque defendemos unha escola pública e de calidade. Porque non aturamos máis. Queremos un colexio seguro e digno.

 

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

 

Máis novas da loita da ANPA do CEIP Prácticas

 

 

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here