InicioCULTURAO Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Publicada o

Por Redacción

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da súa rede de asociacións e entidades federadas, organiza representacións e lecturas dramatizadas do pequeno texto Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete escrito por Castelao e publicado na editorial Céltiga en 1922.

Desta forma, a entidade federativa confirma este evento como unha actividade tradicional, de carácter nacional, na que involucra a máis dun cento de persoas na súa organización e se achega a máis dun milleiro de participantes nas representacións polo país, sendo xa un referente da actividade cultural a esta altura do ano.

A obra estará Ferrol, O Carballiño, Gondomar e Miño pero tamen na cidade Coruña, co apoio de entidades como AVCD e R Agra, AC Alexandre Bóveda, AC O Facho, AC Tempo Novo.

A primeira actividade consistirá na representación teatral que os grupos de teatro amador da AC O Galo e a AC e M Solfa, baixo a dirección de Lucho Penabade, realizará na cidade de Ferrol, no teatro Xofre, a partir das 20 horas, coa organización da SC Medulio.

O mesmo elenco, tres días máis tarde, o sábado día 31, a partir das 19.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural Ágora, na cidade da Coruña, volverán facer a representación, completándose cun pequeno magosto para as persoas asistentes.

Olho de Vidro na obra de Galiza Cultura

Recuperando os Defuntos

“Outra forma de celebrar estas datas, alonxándomonos da cultura do consumo e exportacións doutras tradicións adoptadas por modas, a través da recuperación das propias, como o Samaín, e poñendo o foco en toda a mística acubillada na nosa cultura arredor do Día de Defuntos, coa popularizando deste texto de Castelao de hai máis de cen anos, ademais de ter un abondoso público tamén constitúe unha ferramenta didáctica imprescindíbel para comprender as similitudes que a sociedade actual ten coa de principios do século XX”, destacan desde a Federación.

“Asemade, continúan desde o ente federativo, a obra, un relato místico que describe unha sociedade de ánimas no alén co escenario de fondo dun camposanto e o seu decorrer cotiá, é a metáfora empregada para describir á sociedade galega na que vivía Castelao e narrada desde a perspectiva dun defunto grazas a un ollo de vidro convertido nun instrumento que serve coma un visor da súa mortaldade nunha simulada continuación da vida. Con esta crónica do día a día das ánimas e de como se establecen as relacións no camposanto, logo de lles chegar a morte, Castelao fai unha descrición social e política, das grandes inxustizas sociais, das relacións de clase e das profundas desigualdades económicas que existían na Galiza de principios do século XX. Mediante esta metáfora, Castelao elabora un relato costumista e conéctao directamente cun dos nosos acervos culturais máis arraigados: a relación cos nosos defuntos e a cultura ao redor da morte. É un relato que hoxe en día segue vixente para describir á sociedade actual e que amosa o amplo e profundo coñecemento que Castelao posuía do país”.

Máis novas

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

Esta semana comeza a segunda fase das obras da rúa Ángel Rebollo

Un par de meses despois de rematar a primeira fase (entre Ramón del Cueto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here