InicioBARRIOSArrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Arrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Publicada o

Por Redacción

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos Orzamentos Participativos, tiña pendente o Concello da Coruña a transformación do Monte Vixía, no Parque do Vixía. O Concello, que tiña unha partida pendente dende 2024, conseguiu licitar neste mes de outubro, dando comezo esta semana aos traballos previos ao comezo das obras do demandado parque.

O cumio do barrio vivirá unha necesaria humanización que servirá ademais para unir, arredor do simbólico depósito de auga, infraestruturas como dous colexios, unha escoliña e un centro de maiores.

A transformación do espazo, na contorna do depósito de auga, permitirá integrar distintos elementos e eliminará muros de peche para acadar unha superficie unitaria e homoxénea, na que se plantará arboredo e se mellorará a accesibilidade.

Ademais, instalaranse sendas peonís (algunhas elevadas para superar a altura dos edificios e servir de miradoiros) e crearanse distintas zonas de xogos e descanso. A actuación inclúe unha profunda reestruturación dos espazos coa habilitación de merendeiros e hortos urbanos. Tamén se colocarán estanques e fontes e construirase unha nova infraestrutura de rega e drenaxe; a auga terá un especial protagonismo na formulación do parque.

O investimento previsto para a transformación de máis de 16.000 metros cadrados ascende a 1.629.946 euros, para unhas actuacións que teñen un prazo máximo de execución de 12 meses.

Máis novas

Unha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa Lei de Memoria Histórica

En marcha as obras da nova pista multideporte de Monte Alto

ÚLTIMAS

Unha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa Lei de Memoria Histórica

A pesar do voto en contra do PP, a Comisión de Honras e Distincións...

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

O CIFP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional e téxtil

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro Centro de Referencia...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here