InicioBARRIOSUnha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa...

Unha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa Lei de Memoria Histórica

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A pesar do voto en contra do PP, a Comisión de Honras e Distincións do Concello da Coruña aprobou este luns a modificación da denominación da actual rúa Alcalde Sanjurjo de Carricarte para que pase a chamarse rúa dos Diplomáticos de Monte Alto. Unha petición que xa realizaran en numerosas ocasións os colectivos culturais da cidade, que ademais de ser unha fermosa homenaxe en recoñecemento á traxectoria e á relevancia cultural dunha das formacións musicais máis representativas da historia recente de Galicia e estreitamente vinculada ao barrio coruñés de Monte Alto, é un novo paso no cumprimento da Lei de Memoria Histórica.

A mudanza na denominación é produto do impulso cidadán -en concreto, da Asociación Cultural Alexandre Bóveda-, mais tamén dunha moción defendida no Pleno de xullo de 2025 pola concelleira do BNG Mercedes Queixas, xa cos votos en contra do PP.

O informe elaborado polo Goberno municipal destaca que Os Diplomáticos de Monte Alto constituíron unha das principais referencias do movemento bravú e contribuíron de maneira decisiva á modernización da música galega, á normalización do uso da lingua e á proxección dunha identidade cultural contemporánea, aberta e integradora.

Fundados na Coruña a finais da década dos 80 arredor da figura de Xurxo Souto, Os Diplomáticos de Monte Alto convertéronse nun fenómeno cultural sen precedentes na música galega contemporánea. Como principais expoñentes do movemento bravú, mesturaron rock, ska, folk e ritmos populares cunha marcada defensa da lingua e da identidade galega, levando a súa música e a súa imaxinería ligada ao barrio de Monte Alto por toda Galicia. Discos como ‘Arroutada pangalaica’ ou ‘Parrús’ marcaron unha xeración e contribuíron a abrir novos camiños para a música feita en galego, convertendo á banda nun referente cultural que continúa a influír en artistas e proxectos musicais das xeracións posteriores.

Entre outras cousas, completarase o cambio de nome do CEIP Torre de Hércules (antigamente chamado Sanjurjo de Carricarte tamén) que pasa a ubicarse na rúa Diplomáticos de Monte Alto!

Máis novas

Arrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Monte Alto redescubriu ás orixes dos Diplomáticos e o movemento bravú

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

Paixón telúrica na Gran Noite Coruñenta polos 30 anos do Bravú

O retorno dos Homes Mariños

ÚLTIMAS

Arrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos...

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

O CIFP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional e téxtil

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro Centro de Referencia...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here