InicioCULTURAPaixón telúrica na Gran Noite Coruñenta polos 30 anos do Bravú

Paixón telúrica na Gran Noite Coruñenta polos 30 anos do Bravú

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Poderosa” e “telúrica”. Así foi a Gran Noite Coruñenta este pasado venres no Teatro Colón, ou Teatro María Casares, como se encargou de seguir reindicando o armandanzas de toda esta aventura. Xurxo Souto, que xa nos deleitara cunha agarimosa previa en Monta Alto,. guiou a presentación do documental Bravú XXX e a celebración dos 30 anos do movemento Bravú, nunha xornada festival e chea de emoción.

Gran Noite Corunenta-Presentacion docu Bravu XX-Xurxo Souto-Gonzalo Castro e Rosabel Candal
Xurxo Souto, Gonzalo Castro e Rosabel Candal presentando a xornada

Comezaba soando a bughina de Xurxo, un agasallo de Sés pois a súa marchou Rumbo a Gaza, para dar paso a Rosabel Candal. A produtora executiva do documental realizado por Nós Televisión, agradeceu o compromiso e vontade de Xurxo por celebrar por toda Galicia este aniversario. Deixou Rosabel 4 ideas chave:

  • ”O bravú esta na antítese da morriña”.
  • ”Se queremos podemos superar o autoodio”.
  • ”Dende as aldeas podemos facer a revolución”; “aldea e cidade son irmás”, “o galego tamén bvale para o R&R”
  • ”Hai que facer máis cousas para que as adolescentes do país coñezan a historia musical galega”.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


Un documental que visita o berce do bravú, aquela noite do 31 de outubro de 1994, no marco do segundo Festival Castañazo Rock de Castaña, cando Richi dos Rastreros convocaba, por carta, a grupos de toda Galicia, e os xuntaba no Caballero de Viana, unha taberna das de toda a vida. Ademais da volta á Taberna, en compañía de Benxa dos Impresentables de Vimianzo, de Rafa do Caimán do Río Tea, e Antón Díaz, o “ulträqän” dos Papaqueixos (o outro grupo herculino fundador do bravú), o documental fai unha viaxe ao futuro, demostrando o pouso que deixou este movemento en bandas que hoxe triunfan en galego, como Sés, Grande Amore ou os Vacalouras.

Ademais de incidir na petición de que a TVG aposte en prime time polo talento galego, como fixo no seu día o Xabarín, elemento chave para a expansión do bravú (mesmo acabou convertíndose en mainstream, provocando unha especie de movemento antibravú) no segundo lustro da década dos 90.

”O Bravú como pan matrio da musica galega”, que hoxe rompe fronteiras, foi unha das ideas das que deixou Sés ou Paula Beiro, das Gharotas da Ribeira, representante da vía barcelonesa do bravú, que estaba algo cansada de que foran “todo pirolas, faltaban pachochiñas e entramos Sofía e máis eu”.

A xornada serviu para reinvidicar a figura de Xaime Cabanas, autor que creou, e doou, a iconografía do bravú, e para ver como estrea mundial do novo videoclip da Orquestra Bravú Xangai, Orzán, da man do gran Omar Rabuñal.

Gran Noite Corunenta-Presentacion docu Bravu XX-Banda de Xangai
Tremenda a Orquestra Bravú Xangai

E de contado subiron ao escenario “os Satélites do bravú”. A orquestra dos Xurxo, Richi Casás, Xan Xove, Guni e un marabilloso grupo de viento, rescataron míticas marabillosas. Fixeron subir ao escenario a Rafa para sacar a “lavadora”, a Josito Pereiro, o “Joni Rotrin” do bravú, que meteu a vibrar a perna como facía con Radio Océano con outro himno como “Como o vento”. Subiu tamén ao escenario Gabi dos Vacalouras, para facer esa fusión Vigocoruñenta que espera unha segunda parte: e Benxa Queixo, dos Impresentables para acabar todos xuntos sobre o escenario cantando outro gran himno pangalaico: “Licor Café”.

Impresionantes as colaboracións como as de Josito Pereiro cantando a Radio Océano
Impresionantes as colaboracións como as de Josito Pereiro cantando a Radio Océano

Novas presentacións

Mentres continúa a serie de presentacións polos concellos da provincia, así que se tendes ocasión, non o perdades:

  • 29 de novembro. Melide. Centro Sociocultural Mingos de Pita. 20.00 h.
  • 29 de novembro. Carnota. Salón de actos do Concello. 21.00 h.
  • 30 de novembro. Boiro. Centro Social. 19.30 h.
  • 30 de novembro. Muxía. Salón do Voluntariado. 20.00 h.

Máis novas

Monte Alto redescubriu ás orixes dos Diplomáticos e o movemento bravú

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

A Gran Festa VigoCoruñenta Pangalaica

ÚLTIMAS

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

Anunciaba a semana pasada a Xunta os novos proxectos de Interés Autonómico (PIA) en...

Segundo recibe dúas estrelas Michelín nos premios #SoyBarbudo

Volve o Barbeiro Solidario á actualidade. O organizador da Barbería Solidaria, que este pasado...

Levan ao Valedor do Pobo “o roubo da Casa Cornide”

Coa V Marcha pola Devolución da Casa Cornide convocada para o vindeiro 14 de...

Detida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en Cambre

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cambre a unha muller como suposta autora de varios delitos de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here