A parroquia de Visma, na Coruña, rexistra na tarde deste domingoe un gran incendio forestal que mobilizou ata o lugar medios de extinción, entre eles dous helicópteros da Consellería do Medio Rural.
O lume permanece activo desde as 18.20 horas e, de momento, a consellería autonómica aínda non dispón dunha estimación da superficie afectada. Ademais dos medios aéreos desprazados, Medio Rural enviou dous axentes, dúas brigadas e dúas motobombas.
https://www.instagram.com/reel/DepNeYGubcQ/?psln=MWpwejRzaDFiZmJydg==

