InicioA CORUÑAA metrosidero morto, aciñeira posta

A metrosidero morto, aciñeira posta

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de dúas décadas escoltando o Obelisco. É a crónica dunha morte anunciada, despois do dificilmente comprensible traslado sufrido polo exemplar no marco das obras de remodelación dos Cantóns.

No seu lugar, o Concello vén de plantar unha aciñeira de 35 anos e 8 metros de altura, aputando que esta árbore ten 7 anos máis que un metrosidero que “non era un exemplar histórico nin catalogado”.

Esta aciñeira (da familia do carballo) súmase as outras seis aciñeiras que xa están plantadas como parte da obra na rúa Alcalde Manuel  Casás. Na rúa Santa Catalina, ademais, dispuxéronse cinco carpes, e dous máis irán en Juana de Vega.
Ademais, xunto ao obelisco atópanse tamén plantadas catro faias vermellas. Nas vindeiras semanas completarase a instalación de novos exemplares vinculados á obra de reurbanización do espazo, ata un total de 32 árbores

Está previsto que os novos Cantóns conten tamén cun gran exemplar de algarrobo que irá ubicado na xardiñeira circular situada fronte á Fundación Barrié. Ademais, na praza de Mina instalarase tamén un grande olmo. Finalmente, ao longo do toda a nova beirarrúa en lousa de granito, disporanse 12 exemplares de loureiro en sendas macetas de gran tamaño.

Máis novas

A reforma dos Cantóns entra na súa fase final cunha aposta por máis espazo peonil e mobilidade sostible

O metrosidero de 200 anos do cuartel da Policía Local, ao concurso estatal da Árbore do Ano

Nova política de “reverdecemento” da Coruña: 2.000 novas árbores en 2026 e case 160 antes de terminar este ano

ÚLTIMAS

O luns comeza a construción da duna de Riazor para protexer o Paseo Marítimo dos temporais

Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos...

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...

Xuventudes do PSOE da Coruña condenan “toda violencia” e piden non criminalizar aos manifestantes contra Vox

As Xuventudes Socialistas da Coruña condenaron "rotundamente" calquera "manifestación de violencia", tanto a "exercida...

Mocidade Socialista pide a absolución dos detidos na Coruña e a dimisión de delegado do Goberno e alcaldesa

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) pediu a absolución dos detidos nos disturbios rexistrados...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here