Un home foi detido na Coruña na madrugada do venres ao sábado por un delito de intento de homicidio contra o porteiro dunha discoteca, ao que, segundo fontes da Policía Nacional, feriu cunha arma branca.
Os feitos producíronse ao redor das 04.00 horas. En base ao relato policial, o traballador do local impediu a entrada ao cliente por motivos que se descoñecen. Ao non deixarlle pasar, estoutro lle cravou a arma indicada.
Ante o sucedido, axentes da Policía Nacional procederon á súa detención por un delito de intento de homicidio. As mesmas fontes indican que o individuo xa foi posto a disposición xudicial.

