A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña e Cee denunciou “continuos atrasos” nas obras de ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).
“As previsións anunciadas pola Xunta de Galicia incumpríronse reiteradamente, mentres o investimento previsto para 2027 baixa un 46%, de 100,1 a 54,1 millóns de euros”, sinala nun comunicado.
“Esta situación prolonga os problemas de espazo e capacidade asistencial, mentres as obras e as dificultades nos accesos afectan diariamente tanto á poboación usuaria como ao persoal que traballa na sanidade”.
“O último calendario sitúa agora a finalización do núcleo principal en 2031, seis anos despois do inicialmente anunciado, mentres que unha terceira fase quedaría pendente e sen unha data concreta de finalización”, sinala.

