InicioCULTURAO FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Publicada o

Por Redacción

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña para visibilizar a arte e o talento dos colectivos singulares da cidade,  encara unha nova fin de semana na súa décima edición, cunha ampla programación de teatro, música, cinema e actividades participativas que se estenderán por diferentes espazos da cidade, con propostas de acceso gratuíto.

Unha das principais citas será hoxe venres 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Centro Ágora, coa representación de Soño dunha noite de verán, a cargo de Muxicas, o grupo de teatro da ONCE. A compañía levará ao escenario unha adaptación do clásico de Shakespeare que convida a descubrir a obra desde a diversidade e a escoita.

Tamén o venres, “K paparota Teatro” presentará Inverno na lavandaría no Fórum Metropolitano, cunha primeira función escolar e outra aberta ao público o sábado 14, ás 18:00 horas. Trátase dunha proposta poética e sensorial para crianzas a partir dos tres anos.
A programación familiar completarase con Artecendo comunidade en familia, un obradoiro artístico inclusivo da ONG ¿Por Qué No?, que terá lugar o venres, de 17:00 a 19:00 horas, no Fórum Metropolitano.

Da música á saúde: unha programación para todos os públicos

O sábado 14, de 12:00 a 18:00 horas, La Barra Bar acollerá unha mostra de DJ inclusivo, da man de Negus, que reunirá diferentes propostas musicais nun ambiente aberto á participación.

O cinema estará presente co ciclo Un plano diferente, que ofrecerá no Fórum Metropolitano varias proxeccións de 100 metros, de Marcel Barrena, o xoves 12 e venres 13 ás 20:00 horas, e o sábado 14 ás 17:30 e ás 20:00 horas.

A programación complétase coas VI Xornadas de Arte e Saúde, que se desenvolverán os días 12, 14 e 16 de novembro, con actividades no Museo de Belas Artes, no Hospital Marítimo de Oza e na Facultade de Ciencias da Saúde da UDC. Un encontro arredor do papel das artes na humanización sanitaria, a saúde comunitaria e a inclusión social.

FESTIGUAL continuará ata o 19 de novembro en diferentes espazos da Coruña. A programación completa, os horarios e as condicións de acceso están dispoñibles en www.festigual.gal

 

O Festigual inaugurou unha mostra que repasa os seus 10 anos e recolle 5 proxectos creativos de artistas e entidades

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

ÚLTIMAS

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

Unicaja, condenada a devolver 12.000 euros a unha familia da Coruña vítima dunha estafa bancaria a través do ‘phishing’: “Non houbo neglixencia grave”

Unha mensaxe que parece proceder do banco, unha chamada telefónica aparentemente lexítima e, pouco...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here