Mentres en Carballo estará Rosalía Fdez. Rial facendo un roteiro, na cidade da Coruña, será Manuel Ferreiro o que guíe o novo roteiro literario da AELG, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O Roteiro “Eu non nacín en vila nin ciudade” repasará a historia Pondal na Coruña vai ter lugar.
A cita será domingo 22 de novembro, a partir das 12:00 horas, tendo como punto de saída a porta principal do cemiterio de Santo Amaro.
Esta iniciativa da pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

