InicioA CORUÑARenovado o convenio para a xestión da Casa de Acollida a mulleres...

Renovado o convenio para a xestión da Casa de Acollida a mulleres vítimas de violencia de xénero

Publicada o

Por Redacción

Na semana do 25N, concello e Deputación da Coruña anuncian a renovación do convenio de colaboración para financiar o funcionamento da rede municipal de acollida durante 2026. Son tres recursos que forman parte da Rede Galega de Acollemento, que xestiona o Concello dan servizo a mulleres de toda a provincia que sofren violencia de xénero, así como ás súas fillas e fillos e a outras persoas ao seu cargo.

A Casa de Acollida ofrece aloxamento temporal ás mulleres que precisan un espazo seguro e atención especializada para a súa recuperación.
Pola súa banda, os dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma ofrecen unha vivenda temporal e apoio para que as
mulleres poidan vivir de forma independente e avanzar na súa incorporación social e laboral.

O orzamento previsto para o funcionamento da casa e dos pisos en 2026 ascende a 541.254,15 €. A Deputación financia o 22,34 % a través do seu Programa de apoio á rede de acollemento para mulleres en situación de violencia de xénero. En 2025, o Concello xustificou 490.200,66 € en gastos de mantemento destes recursos.
O convenio contribúe a financiar os gastos de persoal do equipo que atende a casa e os pisos, integrado por unha directora, dúas educadoras sociais e nove auxiliares de acompañamento doméstico. Tamén cobre parte do custo das subministracións e da reparación e mantemento dos edificios e da maquinaria.

Na Coruña, as mulleres que precisen acollida poden acudir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou aos servizos sociais municipais. Ambos poden orientalas e tramitar a solicitude de acceso á Rede Galega de Acollemento, da que forman parte a casa e os dous pisos. Os centros de saúde e os hospitais tamén poden efectuar a derivación.

Máis novas

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here