InicioECONOMÍAExtraballadores de Alu Ibérica na Coruña: "Isto é unha agonía, levamos un...

Extraballadores de Alu Ibérica na Coruña: “Isto é unha agonía, levamos un ano sen cobrar nada”

Publicada o

Por europapress

Extraballadores da planta de Alu Ibérica na Coruña instaron á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, a que esixa ao fondo de garantía Fogasa a facerse cargo das indemnizacións que lles corresponden.

Así o manifestou o que foi o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho (CCOO), durante a concentración celebrada este martes ante a antiga fábrica para denunciar a situación “dramática” na que se atopan os exempreados.

“Fogasa está a denegarnos as prestacións por indemnización”, asegurou e engadiu que están “abandonados polas administracións”, tanto pola Xunta como polo Ministerio de Industria.

“Isto é unha agonía, levamos un ano sen cobrar nada, quédannos sete meses de paro á maioría do persoal, sen continuidade, sen emprego e sen solucións”, apostilou. Segundo puntualizou están fectados “uns 300 traballadores na Coruña e en Avilés, uns 250”.

ESPECULACIÓN DE TERREOS

“Moito nos tememos que se estea especulando cos terreos da fábrica sen contar cos traballadores e iso non o imos a permitir”, insistiu Corbacho. Ao mesmo tempo, avanzou que se non reciben información por parte da Xunta seguirán coas mobilizacións “o tempo que faga falta” despois de que as empresas Resonac Graphite Spain e Ignis Energy anunciasen unha proposta conxunta para adquirir a que foi a planta de Alu Ibérica, na actualidade en venda no marco do proceso concursal e a liquidación do seu último dono.

ÚLTIMAS

A nova vida da cúpula do Monte San Pedro de mans de Zara

Zara inaugurou, no marco da celebración do seu 50 aniversario, unha gran instalación cinética...

A Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

O Consello da Xunta autorizou integrar o Centro de Interpretación da Torre de Hércules...

Detido por roubar polbo e conservas valorados en máis de 1.000 en euros en supermercados de Oleiros

A Garda Civil detivo ao presunto autor de múltiples furtos de polbo conxelado e conservas de...

O autor dun roubo con violencia fere a tres axentes da Policía Nacional

Tres axentes da Policía Nacional resultaron feridos na Coruña na madrugada do luns mentres...