InicioCULTURAMáis dun centenar de actividades arredor da mostra 'Picasso branco no recordo...

Máis dun centenar de actividades arredor da mostra ‘Picasso branco no recordo azul’

Publicada o

Por editor

A Xunta de Galicia desenvolverá máis de medio centenar de actividades paralelas á exposición ‘Picasso branco no recordo azul’ que se inaugurará este xoves, día 23, e que permanecerá aberta ao público ata o 25 de xuño, no Museo de Belas Artes da Coruña, para reivindicar a pegada galega na traxectoria do artista.

A exposición, unha iniciativa da Xunta, conta con 120 pezas, 68 delas autoría do artista, do seu período de formación na cidade herculina e da súa madurez. A programación paralela á mostra inclúe entre os meses de marzo e xuño ciclos de conferencias, de música e cinema, visitas guiadas inclusivas e talleres en familia.

Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na presentación da mesma. No acto, estivo acompañado polo comisionado da Conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso, Carlos Alberdi, xunto coa comisaria Malén Gual.

“Estamos ante un gran evento para Galicia, para A Coruña e para España, que se insire nunha programación absolutamente internacional”, sinalou Rodríguez, quen destacou que as obras da mostra pertencen a unha das etapas “máis influentes da formación artística e da formación técnica de Picasso”.

Neste sentido, Malén Gual explicou que a exposición se estrutura en capítulos temáticos para analizar a transcendencia da época coruñesa do artista, onde viviu entre 1891 e 1895, na súa obra de madurez. “Queremos mostrar como os temas e todas as cousas que aprendeu na Coruña perviviron ao longo da súa vida”, puntualizou.

CUBISMO

Destes episodios, a comisaria destacou a sala dedicada ao cubismo que reflicte que o “interese pola xeometría” do artista xorde na cidade herculina. “A aproximación ás formas cúbicas, ás paisaxes, á horizontalidade mesturada coa verticalidade nace na Coruña e vaille a influír sempre ao longo da súa vida”.

Pola súa banda, Alberdi insistiu en que a “misión” desta exposición é lembrar que Picasso foi “un excepcional pintor do século XIX”. “Boa parte do seu carácter e da súa sensibilidade fraguouse na última década dese século nas rúas desta cidade”, indicou.

Tamén engadiu que é “importante que o mundo coñeza este episodio de formación do artista que máis contribuíu a cambiar a forma de mirar no século XX”. En total, a mostra conta coa colaboración de 35 institucións nacionais e internacionais, así como coleccionistas privados, sen participación do consistorio coruñés.

ÚLTIMAS

O Caso Tomé salpica a Inés Rey e Lage Tuñas tras unha denuncia por acoso laboral na canle interna do PSOE

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro José Manuel Lage, son os...

O SUP defende a actuación policial tras a morte do home que ameazou a axentes cun coitelo

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) defendeu a actuación policial tras a morte dun...

O goberno local delega no concelleiro Gonzalo Castro a presidencia da Fundación Luís Seoane

Segue o goberno local menosprezando a Fundación Luís Seoane, no marco dos complicados temos...

Mar de Fábula realiza educa e conciencia medioambientalmente ao CIS

Continúa viva a colaboración da Asociación Mar de Fábula co CIS (Centro de Inserción...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here