InicioCAMBREO Club Baloncesto Cambre xoga este sábado a fase ascenso á Liga...

O Club Baloncesto Cambre xoga este sábado a fase ascenso á Liga EBA

Publicada o

Por editor

Importante cita para o baloncesto comarcal a que se vivira este sábado no pavillón de Culleredo. O Club Baloncesto Cambre afronta a primeira sesión da fase de ascenso á Liga EBA, a cuarta liga do baloncesto español despois da Liga ACB, LEB Ouro e a LEB Prata.

O cadro cambrés, na súa primeira temporada tras regresar á máxima categoría do baloncesto autonómico (1ª Div. Masculina), afronta o salto á categoría nacional. A Fase está dvidida en dúas fins de semana e que contará coa organización de CB Culleredo con sede no Pavillón O Burgo.

A fase arrinca a partir das 10.00 horas entre o Club Baloncesto Cambre e o Sigaltec Vilagarcia.
O segundo chanzo será ás 17:00 horas, entre os equipos vencedor do partido anterior e Estudantes Lugo.
Dende o Club Baloncesto Cambre animan a todos os veciños achégase ás instalacións cullerdenses para gozar dos dous partidos.

CALENDARIO

Fase Final – Previa

15/04/23 – Xornada 1

  • (10:00 h) Club Baloncesto Cambre – Sigaltec (X)
  • (12:00 h) Obradoiro USC – Syngenta Seis do Nadal (Y)

15/04/23 – Xornada 2

  • (17:00 h) Estudiantes Lugo Río de Galicia – Gañador X
  • (19:30 h) Traumacor Culleredo – Gañador Y

Fase Final –  Xornada Definitiva ­

22/04/2023

  • (17:00 h) 3 – 4  Posto EN DIRECTO VÍA FEGABA TV
  • (19:30 h) 1 – 2 Posto  EN DIRECTO VÍA FEGABA TV

ÚLTIMAS

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here