InicioCULTURAXurxo Souto e a Banda de Xangai rescatan a lembranza de Mangüi

Xurxo Souto e a Banda de Xangai rescatan a lembranza de Mangüi

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Mangüi, sempre en nós”. Ese é o lema do concerto homenaxe que a Banda de Xangai vai realiar o vindeiro xoves 20, ás 18:30 h., nunha sesión conxunta co alumnado do IES Agra do Orzán. O evento, organizado pola Asociación Veciñal Agra do Orzán será a primeira vez na que a banda se suba ao escenario sen o compañeiro finado o pasado mes de xaneiro. Xa estaba programado dende hai meses e agora convírtese en homenaxe.

No acto Xangai vai colaborar co alumnado do Agra do Orzán, o instituto onde o propio Mangüi estudou e onde comezou a facerse músico. Na primeira parte do evento o alumnado será o protagonista, e despois poderán participar coa banda herculina que pon en valor o bravú en clave tradicional.

Contos diatónicos

Xurxo Souto co acordeon
Xurxo Souto co seu desaparecido acordeón

Antes, este domingo,16, ás 12 h. na Buserana (praza de Sellier, A Coruña), o noso Xurxo Souto fai outra homenaxe, neste caso ao seu acordeón perdido, ou máis ben roubado o mes de xuño do ano pasado. “Intensa ansiedade. Dura ausencia”, recoñece.

Agora ten un novo diatónico e tanta é alegría que quere compartir música e historias diatónicas a eito. Tocará o novo acordeón e contará historias como a do vapor italiano Palermo, que afundiu nos Baixos Meixidos en 1905 cargado de acordeóns. “Os instrumentos tocaron a noite toda, movidos polo balanzo do mar. Esta tiña que ser, abofé, terra de acordeóns”.

Despois da sesión de música e contos, haberá un xantar na propia Buserana. Se algunha persoa está interesada pode anotarse no Facebook “A Buserana Abusernabar” antes do sábado.

ÚLTIMAS

CCOO acusa de “intoxicación” a quen fala dun acordo no conflito do téxtil da Coruña

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que "mensaxes difundidas" sobre un "inminente acordo" no conflito do...

A Deputación da Coruña destina 160.000 euros á RAG e á UNED para o impulso cultural e educativo

A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega (RAG) formalizaron este luns un...

Nova xornada de folga no transporte de viaxeiros na Coruña, con “paro total”, segundo os sindicatos

Traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña están...

Cortado ao tráfico a ligazón entre a AC-10 e a AC-11 pola reforma de Alfonso Molina

O avance das obras de reforma da Avenida Alfonso Molina da Coruña obrigará a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here