InicioCULTURADescubrindo as entrañas dos nosos artistas

Descubrindo as entrañas dos nosos artistas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Arrecendo cultural o que se viviu nesta xornada polos barrios da Coruña. Grupos percorrendo rúas esquecidas armados con mapas, recantos ocupados por improvisadas conversas, baixos cheos de vida… Éxito absoluto das xornadas de Estudios Abertos 2023, na que 38 artistas de toda a cidade abrían os seus estudios á cidadanía.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Durante toda a xornada, zonas con alta densidade de artistas por metro cadrado como Monte Alto recibían a visita de ducias de grups interesados en ver por dentro como é o espazo de traballo dos artistas da cidade, e algúns tamén de comprar. A impresión é que as xornadas foron un éxito rotundo, dando conta que na cidade temos escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica e arte multidisciplinar de máxima calidade.

Estudios abertos 2
O soto de Ángel Rebollo

Explicaban as súas obras ante as preguntas das visitantes artistas como Daniel Remeseiro, que compartía espazo con outros compañeiros da “retagarda, que non da vangarda”, como Brais Remeseiro, Ana Barranco, Fernando Páez, Ignacio Pardo e J.R. Estévez, nun soto de Ángel Rebollo. Ao carón Jano Muñoz, o creador desta iniciativa que dende hai varios anos deixou o proxecto en mans municipais, compartía tamén o seu estudio con xentes como Borja Quintela.

Borja Quintela e Jano Munoz
Borja Quintela e Jano Muñoz
Pepe Mendes artesan madeira artista
Pepe Méndez

Non cabía un alfinete no estudio de Óscar Cabanas a última hora da tarde na Atocha Baja, con esas rúas escuras tinguidas de vermello tan características. Raúl Álvarez sorteaba as ondas do mar ante a visita dos últimos inquisidores. Mentres o veterano artesán da madeira José Méndez daba conta das súas historias feitas madeira a antiguos compradores que querían repensar a obra que tiñan na súa casa.

Estudios Abertos Coruna

Quedamos emprazados para o 2024 para poder coñecer algúns máis dos 38 artistas da cidade.

Máis info

—–

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Tivo lugar, finalmente onte, xoves 5 de febreiro, tras varios atrasos, a importante reunión...

A profesora da Universidade da Coruña recibe o Colin Bell Award 2026 da Universidade de Cambridge

A profesora Cristina Branco Sío-López, da Universidade da Coruña, foi galardoada co Colin Bell...

Sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada na Coruña, convocados a unha nova reunión o luns

Novo proceso de negociación ábrese despois que os traballadores rexeitasen o preacordo ao que...

Oleiros carga contra a Xunta e a Fegamp polo financiamento da Axuda no Fogar: “Non contaron con concellos”

O Concello de Oleiros cualificou de "vergoñento" o acordo entre a Xunta e a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here