InicioECONOMÍAA Coruña, a cidade galega onde máis baixaron as vivendas en aluguer

A Coruña, a cidade galega onde máis baixaron as vivendas en aluguer

Publicada o

Por editor

Galicia segue sofrendo a súbida do precio do aluguer, o cal se incrementou nun 2% neste primeiro trimestre do ano. Nas demais comunidades autónomas houbo 14 incrementos trimestrais e 16 incrementos interanuais. En marzo nove delas superaron os seus prezos máximos: Madrid, Baleares, Cataluña, Canarias, Navarra, Comunidade Valenciana, Andalucía, Castela e León e Extremadura.

Por outra banda, a oferta de vivendas en aluguer reduciuse un 5% durante o primeiro trimestre do ano a nivel estatal, en comparación co mesmo trimestre do ano pasado, segundo un estudo publicado por Idealista. O volume de vivendas en aluguer ofertadas sitúase en mínimos desde 2016.

En concreto, 24 capitais españolas teñen agora moitas menos vivendas en aluguer das que había fai un ano. Entre elas están Ourense e A Coruña cun 14% e 12% menos, respectivamente. En Pontevedra, incrementouse un 1% e en Lugo un 18%.

Por provincias, na da Coruña descendeu un 5%, na de Ourense un 9% e na de Pontevedra un 4%. Na de Lugo aumentou un 11%.

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here