InicioBARRIOS3 novos incendios de colectores causan problemas sanitarios e en inmobles

3 novos incendios de colectores causan problemas sanitarios e en inmobles

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nova noite de incendios de colectores na cidade, no marco da estrana folga do Sindicato de Traballadores da Limpeza da empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo, Prezero. Esta noite, os Bombeiros da Coruña tiveron 3 intervencións, tendo que sufocar a 3 incendios de colectores. Un na Rúa Petunias, no Barrio das Flores, outro na rúa Napoleón Bonaparte, nos Mallos, e un terceiro en Ramón del Cueto, en Monte Alto.

Nos Mallos o incendio afectou a unha nai e unha filla que tiveron que ser atendidas polas emerxencias sanitarias por inhalación de fume. Así mesmo, o incendio de Monte Alto deixou a tres persoas atendidas por inhalación de fume, e ademais afectou á sede do centenario grupo Cántigas da Terra, cuia porta de cristal estoupaba coa calor.

Incendio contedor de Lixo Monbte Alto
Incendio do contedor de Ramón del Cueto

Dende o pasado 24 de xuño, no San Xoán, son 153 contedores calcinados, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos de case 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños, como vehículos particulares e incluso un inmoble.

Mentres, a empresa Valoriza, contratada dende a semana pasada para reformar o servizo ante a estrana folga dos traballadores de Prezero e no marco da declaración da Emerxencia Sanitaria, recolleu 67 toneladas de lixo na súa 7ª xornada de traballo, sendo un total de 396 toneladas de lixo, as recollidas por esta empresa ata a pasada noite.

Folga?

Folga “atípica” refírense os grupos políticos, unha vez que estando no cuarto día de folga indefinida, a concesionaria asegura que ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas tres primeiras xornadas. Malia non haber ningún traballador en folga, as rúas permanecen con acumulacións de lixo sen recoller.

Ademais, Prezero segue centrando a actividade no centro da cidade, esquecendo os barrios. Así foi, na pasada madrugada do mércores ao xoves, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 35%
Cidade Vella: 45%
Pescaría – Centro: 100%
Os Rosales – Labañou: 15%
Estadio: 100%
Ventorrillo – Agra do Orzán: 45%
Sagrada Familia: 35%
A Sardiñeira – Elviña: 10%
Os Mallos: 30%
O Castrillón: 35%
Os Castros: 35%
Matogrande – Eirís: 0%
Mesoiro – Feáns – Valaire: 0%

Máis novas

O Concello dá o paso: denunciará en Fiscalía a folga “atípica” de recollida de lixo e a queima de colectores

A concesionaria da recollida de lixo na Coruña executa tres despedimentos disciplinarios

 

ÚLTIMAS

O profesorado do cole de Miño ponse en pé contra os recortes

Normalmente son as familias as que saltan á rúa para denunciar os eternos e...

En marcha a necesaria unión do carril bici do paseo marítimo e os Cantóns

Era unha das grandes eivas do mapa do carril bici da Coruña, como cada...

Un final abrupto e violento dos muros do Castro de Elviña

O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC vén de facer públicas as conclusións...

A Biblioteca de Monte Alto acolle unha exposición para ollar a pobreza sen receos

Con motivo do seu 25 aniversario, a Fundación Érguete-Integración lanzaba, o pasado mes de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here