InicioBARRIOSA Biblioteca de Monte Alto acolle unha exposición para ollar a pobreza...

A Biblioteca de Monte Alto acolle unha exposición para ollar a pobreza sen receos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Con motivo do seu 25 aniversario, a Fundación Érguete-Integración lanzaba, o pasado mes de maio, a campaña Olladas sen Receos, coa que sitúa o foco nas persoas que viven baixo o limiar da pobreza e en situación de rúa nas nosas cidades e vilas.
Como primeira acción desta campaña, púñase en marcha unha exposición fotográfica itinerante con imaxes do artista Andrés Terraza, que a finais de xullo recalou no concello da Coruña. Tras pasar polo Centro de Inserción Social Carmela Arias y Díaz de Rábago e o centro penal de Teixeiro, a mostra será acollida na Biblioteca Municipal Monte Alto. Alí estará aberta ao público xeral, que poderá visitala en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres, dende o luns 2 e ata o xoves 12 de setembro.

Con esta acción, a entidade busca non só denunciar a vulnerabilidade e falta de recursos coas que deben lidar as persoas sen fogar, senón tamén realizar unha chamada de atención a unha sociedade que contempla con desconfianza e temor a quen sobrevive nas circunstancias máis difíciles. Trátase de derrubar prexuízos e estereotipos e comprender que, na maioría das ocasións, son circunstancias fortuítas as que levan a estas persoas a situarse nas marxes dunha sociedade que as penaliza dobremente, culpabilizándoas da situación que atravesan.

Trátase de sete instantáneas que amosan a realidade das persoas sen fogar e en situación de exclusión social severa. Sete olladas profundas, que nos ofrecen a posibilidade de achegarnos ás difíciles historias de supervivencia daquelas persoas que viven na rúa, en terra de ninguén. Sen axudas sociais, acompañados de preto pola enfermidade mental, buscando espazos medianamente iluminados que ofrezan certa seguridade ou procurando un imposible descanso sobre uns cartóns que separen o seu corpo do frío chan, estas son algunhas das situacións ás que nos podemos asomar, sen receos, a través destas imaxes.

Máis novas

A Biblioteca de Monte Alto, 25 anos tecendo unha rede de amizade a través da amabilidade

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Humanizar os patios das escolas para humanizar as persoas privadas de liberdade

ÚLTIMAS

As familias de Oleiros maniféstanse en contra dos recortes no colexios

Ducias de persoas participaron esta tarde na concentración organizada polas ANPAS dos CEIP Juana...

Este xoves redúcense as afectacións ao tráfico na avenida de Alfonso Molina

As afectacións ao tráfico na avenida Alfonso Molina, na Coruña, reduciranse a partir do...

Kirk deixa na Coruña árbores caídas, moita chuvia e caos no transporte

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Un incendio de “moita intensidade” que afecta a un taller en Cambre mobiliza os bombeiros de Arteixo, A Coruña e Betanzos

Bombeiros desprazáronse este mércores ao polígono do Amorne, no municipio coruñés de Cambre, para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here