InicioMOV. SOCIAISHumanizar os patios das escolas para humanizar as persoas privadas de liberdade

Humanizar os patios das escolas para humanizar as persoas privadas de liberdade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Son moitas, aínda que non pareza, as semellanzas entre o patio dunha escola e o dunha prisión. Os dous son, frecuentemente, espazos diáfanos, fríos, onde o único mobiliario adoita ser unhas esfoladas porterías sen rede.

Ante esta realidade, e coa doble intención de humanizar os patios das escolas da cidade, e de fomentar o proceso de reinserción social dos internos da prisión de Teixeiro, a Fundación Érguete Integración leva un ano traballando no proxecto “Entre Patios”. Un proxecto que une mundos tan diversos como varias escolas, un instituto de FP, unha empresa, e unha prisión, para intentar rescatar socialmente ás persoas privadas de liberdade.

Ana Suárez e Rosaura Romo, técnicas e responsables na cidade herculina da Fundación creada nos anos 90 pola “heroína” Carmen Avendaño, son as creadoras e coordinadoras do proxecto. Levan moitos anos vendo como os traballos de olería, marquetería, marroquinería… que realizan os internos de Teixeiro nos seus talleres ocupacionais serven unicamente para iso, para ocupar o tempo. Pero as creacións non teñen saída, non se aproveitan, provocando unha frustracion evidente nos participantes desas actividades. Unha situación que está intentando cambiar Institucións Penitenciarias, gracias á resposta que ofrecen os internos cando ven que o seu traballo serve para algo. E que mellor que ver como as crianzas contan nos seus coles con mobiliario que humaniza os seus patios.

Xa o ano pasado, o proxecto piloto deste proxecto permitiu realizar un par de mesas de picnic e uns murais de madeira (que simulan árbores) para o patio dun colexio en Monte Alto. Este ano son 10 centros educativos (hai lista de espera), a través das ANPAS, de toda Coruña os que quixeron apuntarse a esta iniciativa, para facer máis inclusivos e variados os seus patios.

Se ben as coordinadoras, no momento de proxectar a idea, formuláronse algunha dúbida sobre se as comunidades escolares terían algún roxelo por realizar un proxecto con persoas privadas de liberdade, a resposta foi rotunda: nin un só comentario, e máis ben ao contrario, todo agradecemento nas emotivas xornadas de instalación das mesas en cada cole, tanto por parte do alumnado, como das familias, como do profesorado.

O IES Rosalía Mera e Asprogana, dous perfectos exemplos

Entre Patios FP Rosalia Mra
Alumnad co mestre Eloi Souto, na mesa creada no FPB de Carpintería do IES Rosalía Mera

Especial atención merece a participación no proxecto do IES Rosalía Mera e o Centro da Asociación pro personas con discapacidade intelectual de Galicia. Fantástica a implicación do Formación Profesional de Carpintería de grado medio do centro xestionado pola Deputación (que no seu día se chamaba de Garantía Social), tanto por parte do alumnado como do profesorado como Eloi e Santiago, e tamén a Dirección.

O prototipo de mesa realizado no IES que serviu de base para fabricar as mesas nos talleres do CP Teixeiro
O prototipo de mesa realizado no IES que serviu de base para fabricar as mesas nos talleres do CP Teixeiro
Entre Patios creando as mesas nos talleres de Teixeiro
Internos de Teixeiro fabricando as mesas

Foi o alumnado do centro o que deseñou esas mesas de picnic adaptadas, mesmo para poñer unha cadeira de rodas, construíndo un prototipo que despois viaxiou ao centro penitenciario de Teixeiro. O mestre Eloi Souto realizou unha sesion formativa para que os internos de varios módulos construísen as mesas coa madeira doada por unha empresa galega.

Proxecto Entre Patios Fundacion Erguete en Asprogana
A visita ao centro de Aspronaga en Cidade Xardín foi máxico
Instalando as mesas en Aspronaga
Usuarios de Asprogana, alumnos do IES e internos de Teixeiro instalando as mesas en Aspronaga
Instalando as mesas no CEIP Emilia Pardo Bazán

Esas mesas, desmontadas, viaxaron de volta a Coruña, camiño de centros escolares como o CEIP Emilia pardo Bazán, ou o Centro de Educación Especial Aspronaga. Se no cole dos Rosales a recepción foi fantástica (Teo, un dos alumn@s contábanos que as mesas están cheas cada recreo para merendar a pesar do mes de choiva), no CEE foi aínda máis emotiva.

A sesión de montaxe das dúas mesas que quedan no centro de Cidade Xardín foi marabillosa. A enerxía que desprenden usuari@s e profesor@s é especial, e ver montar esas persoas con diversidade funcional, co alumnado do IES de FP e as persoas privadas de liberdade foi unha demostración de que a colaboración e o traballo en comunidade é posible de cambiar as persoas.

Usuarixs de Aspronaga disfrutando das mesas
Usuarixs de Aspronaga disfrutando das mesas
Mesas no CEIP Emilia Pardo Bazan
Así de cheas están cada merenda as mesas do CEIP Emilia Pardo Bazán

Máis novas de reinserción social

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Persoas internas do CIS coñecen o ocio saudable da man da Fundación Érguete e o alumnado da UDC

Proxecto Polaroid: A arte de vivir ao instante

 

ÚLTIMAS

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Ferida unha muller ao ser atropelada por un autobús urbano na Coruña

Unha muller tivo que ser evacuada polos servizos de emerxencia ao hospital despois de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here