InicioECONOMÍAO porto da Coruña, líder en turismo de cruceiros

O porto da Coruña, líder en turismo de cruceiros

Publicada o

Por europapress

Os portos da Coruña e Vigo rexistraron máis de 160.000 cruceristas no acumulado do sete primeiros meses do ano, segundo datos publicados por Portos do Estado este luns.

En concreto, entre xaneiro e xullo, A Coruña acolleu un total de 91.932 pasaxeiros. Pola súa banda, a cifra en Vigo ascendeu a 71.052. Estes datos contrasta cun 2021 de paralización no sector pola pandemia.

En España, computáronse preto de 3,5 millóns de pasaxeiros de cruceiros nos sete primeiros meses do ano, de forma que Portos do Estado destaca que se “recupera o pulso” deste tipo de turismo.

Así mesmo, prodúcese un novo máximo histórico ao haber un total de 2.384 buques de cruceiro entre xaneiro e xullo de 2022. En detalle, o Mediterráneo atrae a dous de cada tres cruceristas quevisitan España.

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Silvio Rodríguez regresa a Galicia cun Coliseum esgotado e un repertorio entre clásicos e novas cancións

Silvio Rodríguez volverá este sábado 19 de setembro aos escenarios galegos cun concerto no...