InicioCULTURAA expedicións de Scott & Shackleton na Antártida de hai un século,...

A expedicións de Scott & Shackleton na Antártida de hai un século, na Coruña

Publicada o

Por europapress

O Festival Mar de Mares exhibirá desde este xoves na Coruña a exposición ‘Un lugar frío e solitario. As viaxes de Scott & Shackleton ao Polo sur’, que reúne as fotografías das expedicións á Antártida levadas a cabo polos exploradores británicos Robert Falcon Scott, en 1912, e Ernest Shackleton, en 1915.

A mostra, formada por 22 imaxes, estará instalada na Dársena da Mariña entre o xoves, 15 de setembro, e o próximo 16 de outubro.

Trátase, segundo a organización, dunha das propostas máis rechamantes do festival, “que este ano puxo o foco o océano como escenario de grandes aventuras e que, baixo a lema ‘Colle a onda’, busca celebrar a grandeza que atesouran os mares e concienciar sobre a urxente necesidade de preservalos”.

Xunto a esta exposición, Mar de Mares inclúe no programa deste ano outras propostas divulgativas e de lecer, todas elas gratuítas, e que se concentrarán, sobre todo, entre os días 15 e 18 de setembro. Nesta edición, participarán a exploradora galega Chus Lago e a oceanóloga catalá e especialista en quenllas Gador Muntaner.

ÚLTIMAS

As acusacións do caso de Samuel estudan recorrer o fallo tras ratificar letrados da defensa que si o farán

O caso de Samuel Luiz, tras darse a coñecer o día 8 a sentenza...

Un guindastre de grandes dimensións cae do camión que a transportaba na Coruña

Un guindastre de grandes dimensións caeuse do camión que a transportaba na Coruña no acceso a...

Xosé Touriñán e Javier Veiga ofrecerán o día 16 un monólogo solidario no Teatro Colón

Xosé A. Touriñán e Javier Veiga ofrecerán o día 16 un monólogo solidario no...

O “Aquí tamén se fala” leva o meirande premio á Innovación Educativa de Galicia

O premio de maior dotación e prestixio en materia de innovación educativa en Galicia...