InicioA CORUÑAO cónsul filipino en España recibe o martes á nai de Diego...

O cónsul filipino en España recibe o martes á nai de Diego Belo, que denuncia “tardanza” no proceso policial

Publicada o

Por europapress

O cónsul de Filipinas en España, Eric P. Valenzuela, accedeu a recibir este martes 20 de setembro á nai de Diego Belo e presidenta da asociación ‘Xustiza para Diego’, que esta semana pedía ser recibida polo representante filipino para entregarlle unha queixa formal na que denuncian a “tardanza” na detención do tres policías acusados de asasinar ao mozo coruñés en xaneiro de 2020.

A nai de Diego, Pilar Lafuente, reunirase con Valenzuela ás 12,30 horas na embaixada, en Madrid, tal e como confirmou a propia familia.

Amigos e familiares, así como representantes de diversos grupos políticos e asociacións concentraranse ás portas da embaixada para apoiar a petición da presidenta da asociación.

“ENCUBRIMENTO CLARO”

Presentarán unha queixa formal pola dilación da policía filipina na entrega á xustiza do tres axentes acusados de asasinar ao mozo coruñés. E é que, tal e como lembran, fai seis meses que un xulgado de Surigao do norte –rexión á que pertence a illa de Siargao, onde Diego foi asasinado–, ordenou a detención do Maior Vicente Panuelos e os sarxentos, Niño Boy Esmeralda e Ronez Azarcón.

Os policías continúan en paradoiro descoñecido “a pesar da gravidade das acusacións que pesan contra eles”, xa que se lles imputa tamén un delito de falsificación de probas por acusar ao coruñés de traficar con drogas e disparar aos axentes.

Esta orde baseouse nas investigacións do National Boreau of Investigation -similar á Fiscalía española– que, en base á autopsia, probas documentais e testemuños, considerou “inverosímil” a versión ofrecida polos agora acusados o asasinato.

Ante isto, a asociación entende que a Policía filipina “está a encubrir claramente” aos axentes, “desobedecendo un mandato xudicial e tentando entorpecer a acción da xustiza”.

Avanzan ademais que pedirán ao Goberno español que faga cumprir o acordo unánime da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso que en novembro de 2020 acordou pedir a Filipinas o esclarecemento dos feitos, solicitando ademais que se impedise a fuxida dos culpables.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...