InicioCULTURAO Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Publicada o

Por Redacción

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás 13:00h, oo Centro de Arte Fundación María José Jove (FMJJ) (situado no polígono da Grela) inaugura, no marco do CAbe, Rojo.Negro.Azul.Amarillo. Trátase dun novo espazo no que “a  arquitectura e o xogo comparten a capacidade de transformar a nosa relación co medio ambiente e abrir novas posibilidades de encontro, aprendizaxe e comunidade.

Este novo espazo, concibido pola arquitecta Ana Ausín e o artista Antonio Ballester Moreno, reconfigura o vestíbulo de entrada ás instalacións da Fundación na Coruña.

A intervención propón unha “transformación sinxela pero significativa dunha pasaxe dentro da sede da Fundación, convertendo unha zona de tránsito nun espazo aberto á exploración e á curiosidade. Pensado para dar cabida a usuarios de diferentes idades, o proxecto incorpora ramplas e cambios de nivel para transformar a arquitectura nunha paisaxe para o movemento”.

Este proxecto continúa unha liña de traballo desenvolvida previamente por Ausín e Ballester Moreno en proxectos como o Espazo Niño de La Casa Encendida (Madrid), deseñado para a primeira infancia. Desta vez, a proposta volve entrelazar a práctica artística, a arquitectura e a educación transformando a estrutura de acceso ao edificio nunha paisaxe que abraza os principios pedagóxicos de Emmi Pikler.

Para presentar publicamente a instalación, este xoves ás 13:00 horas celebrarase unha charla aberta, “Arquitecturas para o xogo”. Entre os participantes estarán Ana Ausín, Antonio Ballester Moreno, Susana González (directora do Centro de Arte FMJJ) e Alba Cacheda (xefa do programa de Educación e Mediación do centro).

A mesa redonda ofrecerá unha visión histórica da evolución dos espazos de xogo, desde as orixes dos primeiros parques infantís modernos ata as prácticas contemporáneas que entenden o espazo como un axente activo de aprendizaxe, invitando á reflexión sobre as dinámicas e as relacións comunitarias que se activan cando o xogo entra en espazos que non estaban orixinalmente destinados a el.

Máis novas

Nace CAbe (Coruña Arte Aberta), a nova fiestra aberta á arte contemporánea galega

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here