InicioBARRIOSUn roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

Publicada o

Por Redacción

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha coaa Praza de  Tabacos como epicentro, este sábado 19 terá lugar unha das accións máis singulares. A través da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, as entidades da cidade convoca unroteiro veciñal pola rolda peonil, unha iniciativa que busca poñer en valor este corredor urbano que conecta barrios, persoas e formas de mobilidade sostible.

A Federación e e asociacións de Sagrada Familia, Mallos-Plataforma, Barcarola-Catro Camiños e Oza-Gaiteira-Os Castros, en colaboración co Concello da Coruña, convocan a toda a veciñana a unirse a esta marcha que sairá, ás 11:00 horas, e acompañados da música de Donaire,  dende a Biblioteca da Sagrada Familia, para iniciar un percorrido pola rolda peonil a través dos barrios de Sagrada Familia, Mallos, Catro Camiños e Oza-A Gaiteira ata a Praza de Tabacos. Onde ademáis ás 12:30 contaran coa animación e contacontos do “Mestre da Mobilidade”, iniciativa dentro do programa de “Cultura Veciñal” da propia Federación.

Roteiro Veciñal FAVA Coruña

O roteiro contará con accións de dinamización e participación deseñadas pola Federación e polas entidades veciñais, nas que se inclúen xogos, explicación e iniciativas dende as propias entidades e preguntas aos asistentes, material de imaxe e comunicación e ata un pasaporte para os que rematen os tramos de cada andaina.

Mapa da Rolda Peonil dos Barrios da Coruna
Mapa da Rolda Peonil dos Barrios

A Rolda Peonil dos Barrios avanza pola Sagrada Familia

 

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here