InicioECONOMÍAA área da Coruña, a máis rica de Galicia

A área da Coruña, a máis rica de Galicia

Publicada o

Por editor

Os municipios coruñeses de Oleiros, As Pontes de García Rodríguez e Santiago de Compostela foron en 2020 os que contaban coas maiores rendas per cápita de Galicia, de acordo co ‘Atlas de Distribución de Renda dos Fogares’ que publicou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En concreto, Oleiros continúa como concello galega coa maior riqueza por habitante, cunha media de 16.403,37 euros. Séguenlle As Pontes, con 15.482,06 euros per cápita; e Santiago, con 14.648,64 euros cada veciño.

Despois deses tres, o ‘top 5’ de municipios cunha maior riqueza media complétase coa cidade da Coruña (14.590,68 euros por persoa), co concello lucense de Cervo (14.286,51) e co coruñés de Bergondo (13.751,65).

No lado oposto, con 7.565,33 euros por veciño, Avión (Ourense) colócase como o de menor renda neta media. Tamén están no extremo baixo da táboa Beariz (Ourense), con 9.062,06 euros per cápita; A Lama (Pontevedra) con 9.152,43; Fisterra (A Coruña) con 9.224,49; e Boborás (Ourense), con 9.299,69 euros por veciño.

Así mesmo, de acordo coas cifras do INE correspondentes ao 2020, ano marcado pola pandemia e o confinamento de primavera, a gran maioría dos municipios de Galicia –o 70,6%– sitúase por baixo da media estatal en canto a renda per cápita, mentres que o 29,4% restante está por encima, é dicir, entre os de renda media-alta ou renda alta.

POR CIDADES E POR PROVINCIAS

Se se comparan os datos do sete cidades galegas, despois de Santiago e A Coruña, a terceira urbe máis rica é Vigo con 13.163,68 euros anuais. A cuarta é Ferrol (13.115,96) e a quinta, Pontevedra (13.047,27).

As dúas cidades galegas coa renda neta máis baixa en 2020 foron as capitais das provincias interiores: Ourense (13.036,53 euros) e Lugo (12.992,30).

En canto aos datos por provincia, a da Coruña conta cunha riqueza media de 12.841 euros de ingresos ao ano por habitante, de modo que é a única galega que se sitúa na metade alta de todas as provincias españolas. Na outra metade, aínda que moi próximas á media, están as de Lugo (12.021), Ourense (11.937) e Pontevedra (11.881).

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...