InicioPOLÍTICAO alcalde de Cambre cre que a condena ao ex alcalde Manuel...

O alcalde de Cambre cre que a condena ao ex alcalde Manuel Rivas polo festival Brincadeira supón “saldar unha débeda”

Publicada o

Por europapress

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, de Unión por Cambre, manifestou que a condena ao ex alcalde Manuel Rivas, do PP, e os exedís Santiago Ríos e Felipe Andreu, pola organización en 2012 do festival ‘Brincadeira’, supón “saldar unha débeda” co municipio.

“Que este grupo viña reclamando desde hai unha década”, dixo sobre Unión por Cambre e ao lembrar as iniciativas que esta formación presentou no seu momento en relación á forma de outorgar a organización do festival a dúas empresas.

Estes feitos acabaron nos tribunais e supuxeron unha condena de dous anos de prisión por prevaricación e malversación de fondos públicos para o entón alcalde e dous dos edís do equipo de goberno. Os condenados, tra o acordo alcanzado, deberán abonar 160.000 euros en concepto de indemnización ao concello, dos cales xa están consignados 148.333 euros.

O actual rexedor congratulouse porque desta forma se pecha un caso que se remonta a fai dez anos, aínda que manifestou estar “triste” porque o concello “apareza danado por unha irresponsabilidade de quen gobernaba fai dez anos”.

Ademais, dixo que cando a formación que lidera promoveu iniciativas no concello, cando formaba parte da oposición, para denunciar un proceso “non irregular, senón ilegal”, buscaba “xustiza”. “E que se devolvese aos veciños de Cambre o que lles pertencía, 160.000 euros que nunca foron reclamados ata a entrada de Unión por Cambre no goberno”, recalcou.

REPROCHES AO PP

Mentres, afirmou que “ata en tres ocasións” tentaron que non se abrise “un proceso xudicial” e que o exalcalde Manuel Rivas “non negase a evidencia”. “Hoxe quere dar a imaxe de vítima e non non o é, é un condenado”.

Ademais, acusou ao PP de Cambre de tentar “paralizar” o proceso xudicial e de promover, para iso, “unha liña de desgaste á que se sumaron outros partidos”, dixo cuestionando, entre outros, o papel de formacións como Alternativa dos Veciños ou o BNG e as denuncias sobre a súa xestión como alcalde.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...