InicioSUCESOSIngresa en prisión unha muller por múltiples roubos en gasolineiras da área...

Ingresa en prisión unha muller por múltiples roubos en gasolineiras da área da Coruña

Publicada o

Por europapress

A Garda Civil do Posto Principal de Cambre volveu a deter a unha muller como presunta autora de delitos de furto no interior de Estacións de Servizo de todo a área da Coruña.

Os feitos ocorreron, explica a Garda Civil nun comunicado, por mor da denuncia interposta polo responsable dunha estación de Servizo en Cambre, na que manifestaba que lle subtraeron unha importante cantidade de diñeiro da caixa rexistradora e levaran a carteira dunha das traballadoras da estación.

A consecuencia destes feitos a Garda Civil iniciou un dispositivo de vixilancia para a identificación dos autores dos feitos, que deu como resultado a detención da muller o pasado día 15.

Esta persoa, recalcan, xa fora detida en numerosas ocasións pola Garda Civil por feitos similares, especialmente por delitos contra o patrimonio, moitos dos cales foran cometidos co mesmo modus operandi en gasolineiras, onde aproveitando o descuido do persoal cando saían a encher algún vehículo, sustraía todo o diñeiro da recadación en caixa, así como abundantes productos expostos para a venda ao público.

Apuntan a que podería facerse cun botín superior aos 7.000 euros nos últimos meses. A detida, xunto ás dilixencias instruídas, pasou a disposición xudicial, decretando o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...