InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODenuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

Publicada o

Por Redacción

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar do Pazo de Meirás todos os mobles que puideron, coa autorización do Estado e a pasividade da Xunta de, como fixeron tamén na Casa Cornide.

Agora, coñecemos outro paso máis neste novo proceso de impunidade dos herdeiros do ditador, ao transcencer a poxa que se está a realizar en Madrid de ditos bens (sacados do Pazo de Meirás antes ou despois do proceso xudicial).

Diante desta situación, desde a Eliminar termo: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) solicita diante da Delegación do Goberno en Galiza e a Consellería de Cultura da Xunta de Galiza a adopción de medidas. En concreto das seguintes: “Que aos efectos de verificación que, no seu caso, poidan ter a condición de bens de dominio público ou suxeitos a outro réxime legal de tutela e protección, se realicen as actuacións de inspección necesarias sobre o catálogo da citada poxa, acordando, no seu caso, as medidas legais que correspondan aos efectos de impedir a enaxenación de ditos bens”.

A entidade lembra que o Estado,  coa total colaboración pasiva da Xunta, “incumpre de xeito claro evidente as determinacións ao respecto da visita pública deste ben recollidas na Lei de Patrimonio Cultural de Galiza. Un ben que é público a todos os efectos e que o Estado mantén pechado ao uso público”.

Tampouco, recordan, “se avanza na definición dos usos futuros do Pazo, cando menos nos organos que determinaron no seu día as administracións públicas, incumpríndose de xeito constante no tempo o Protocolo de actuacións asinado no ano 2021”.

 

Máis novas

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

“O uso que debe dárselle ao Pazo de Meirás recae esencialmente no apoio didáctico, para explicar a ditadura de primeira man”

Volven denunciar á Xunta e ao Estado pola continua opacidade e incumprimentos legais no Pazo de Meirás

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

ÚLTIMAS

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

A Xunta estuda a “posibilidade de mellorar algunhas conexións” de bus coa Universidade da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, afirmou que a Xunta estuda "a posibilidade de...

Renfe substituirá por autobuses os trens entre A Coruña e Santiago durante unha semana en novembro

Renfe modificará a circulación ferroviaria con orixe ou destino na Coruña entre o 5...

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here