InicioA CORUÑA"Menos postureo e máis salarios": As traballadoras das tendas de Inditex manteñen...

“Menos postureo e máis salarios”: As traballadoras das tendas de Inditex manteñen a folga para o ‘Black Friday’

Publicada o

Por europapress

“Menos postureo e máis salarios” é o lema escollido pola CIG de cara á xustificar a folga das traballadoras das tendas da Coruña de Inditex para este próximo 25 de novembro, o ‘Black Friday’. Unha folga que continúa o calendario de mobilizacións trala manfiestación celebrada a semana pasada.

Despois da falta de avances na reunión entre patronal e sindicatos (“tomáronnos o pelo”, considera a CIG), as asembleas da Coruña, Ferrol e Compostela, acordaron manter o paro nas tendas de Zara, Zara Home, Stradivarius, Bershka, Pull&Bear, Oysho, Tempe, Lefties, Massimo Dutti e Kiddy’s Class.

Hai moitas diferencia aínda no aumento de soldo pedido polas traballadoras (o sector está composto por 1.300 mulleres e apenas 100 homes). A empresa propón un incremento de 120 euros para 2022, outros 20 para 2023 e 40 para 2024, un total de 180 euros, cando as traballadoras reclaman entre 440 e 500 euros para todo o persoal.

Dende a CIG aseguran que as traballadoras só buscan un salario “decente”, lamentando que “moitas” destas dependentas teñen “dificultades para chegar a fin de mes”, e resalta que isto ocorre na mesma provincia na que Inditex ten a central, por iso é polo que “se mobilicen máis”. Ademais, aseguran que houbo un “endurecemento” nas condicións con respecto a cuestións como a conciliación desde que cambiou a dirección e Marta Ortega púxose á fronte.

 

ÚLTIMAS

A licitación do novo contrato de xestión da planta de Nostián a 25 anos incluirá a súa remodelación

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar unha demanda histórica: vén de asinar...

Sen autobuses e con piquetes: nova xornada de paros no transporte de viaxeiros da Coruña

Traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña están...

Os taxistas volven colapsar a cidade para esixir unha ordenanza sobre os VTC

A xornada de paro dos taxistas vén de colapsar a entrada da cidade. O...

Prisión provisional sen fianza para catro detidos nunha macrooperación antidroga con rexistros en Narón, A Coruña e Oza dos Ríos

A xuíza do Tribunal de Instancia de Betanzos decretou o ingreso en prisión provisional,...