InicioBARRIOSAberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Publicada o

Por Redacción

Quedou aberto onxe “A Eira”, o novo espazo de creación e participación cidadá integrado na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia. As responsables municipais falaron deste “novo espazo pioneiro de creación e innovación cultural integrado”, que permite ampliar a superficie da Biblioteca, grazas á incorporación de 105 metros cadrados adicionais destinados a novos usos culturais e comunitarios. O investimento municipal ascendeu a 409.203,98 euros.

A Eira inclúe un espazo de creación equipado con recursos tecnolóxicos e ferramentas especializadas, entre elas unha cortadora láser, equipos de gravación e edición audiovisual, máquina de coser e equipamento portátil de soldadura. Estes medios permitirán desenvolver proxectos tan diversos como a produción de podcast, a edición de publicacións independentes, a creación artística ou a aprendizaxe práctica de novas habilidades.

Ademais, o novo equipamento conta con salas de traballo colaborativo para asociacións, grupos veciñais, estudantes, artistas e persoas emprendedoras do ámbito cultural ou social. As instalacións tamén acollerán obradoiros, actividades formativas e encontros interxeracionais.

Acceso aberto a toda a cidadanía

A Eira está aberta a todas as persoas, grupos e entidades con inquietudes culturais, sociais, tecnolóxicas ou artísticas que precisen espazos e ferramentas para desenvolver os seus proxectos. O préstamo de salas, equipamentos e recursos será gratuíto, ao igual que os obradoiros organizados pola Rede de Bibliotecas Municipais.

O espazo dispón de dúas aulas con capacidade para 30 e 12 persoas, respectivamente, e funcionará como unha prolongación da Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, aínda que contará con accesos independentes para facilitar un uso autónomo por parte da veciñanza. Nos próximos meses desenvolverase unha programación específica para dar a coñecer os novos recursos entre a cidadanía, con propostas relacionadas coa radio, a cianotipia, a costura, a imprenta creativa, o gravado láser e a memoria do barrio.

As Bibliotecas Municipais preparan máis dun cento de contos para as familias

ÚLTIMAS

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here