InicioECONOMÍAO gran estudo virtual que se constrúe na Cidade das TIC situará...

O gran estudo virtual que se constrúe na Cidade das TIC situará a Galicia dentro do ‘hub audiovisual’ español

Publicada o

Por europapress

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, mantiveron hoxe unha reunión co cluster audiovisual galego e con representantes dalgunhas das principais empresas do sector como Vaca Films, Portocabo, Voz Audiovisual ou Ilux, para abordar os detalles do proxecto ‘Ecosistema Audiovisual de Galicia’.

Con el, a Deputación pretende situar a Galicia dentro do ‘hub audiovisual’ español a través da construción dun dos maiores estudos virtuais de España na Cidade das TIC da Coruña.

O encontro, informa a institución provincial, serviu para coordinar a posta en marcha deste proxecto, que suporá un investimento de 6,7 millóns de euros.

“Queremos coñecer as necesidades e contar coa imprescindible implicación do cluster e do sector audiovisual, que achegan o coñecemento”, afirmou Formoso que definiu entre os obxectivos “axilizar ao máximo a construción do centro“, que se prevé que estea terminado para finais de 2023 na Cidade do TIC.

“E coordinar este proxecto con outros centros de produción audiovisual do Estado, para que os recursos sexan complementarios e interoperables, sacando o máximo rendemento”, apostilou.

ÚLTIMAS

A Coruña acollerá en maio a primeira escala en Europa da regata do centenario do Juan Sebastián Elcano

A Coruña será a primeira escala europea da regata do centenario do Juan Sebastián...

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...