InicioSOCIEDADEMáis de 200 figurantes participarán na Cabalgata de Reis da Coruña, que...

Máis de 200 figurantes participarán na Cabalgata de Reis da Coruña, que contará con 15 carrozas

Publicada o

Por europapress

Un total de 15 carrozas, cinco trens e 16 compañías artísticas e de animación, así como 235 figurantes escollidos por sorteo, integrarán a Cabalgata de Reis na Coruña que terá, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, inspiración ‘picassiana’.

“Este ano a Cabalgata está dedicada ao ano Picasso e á arte na infancia, con carrozas con cores e luces que representarán diferentes etapas da vida de Pablo Picasso e dos seus símbolos: arlequíns, figuras imaxinarias, a pomba ou a música”, explicou a rexedora.

Así haberá as carrozas ‘Estudo do pintor’; ‘Unidos pola paz’ ou ‘A música e Picasso’. As reais son ‘torres de Hércules’, simulando as torres de caramelo que adoitaba debuxar Picasso e cada unha delas terá unha cor diferente: vermello, verde e amarelo.

En canto ao percorrido, terá como punto de saída a chaira do mercado da Sardiñeira, ás 18,00 horas, para continuar pola Rolda de Outeiro, seguindo por Alcalde Pérez Ardá e Ramón e Cajal ata a avenida de Oza.

Logo continuará ata Catro Camiños, A Palloza e Primo de Rivera chegando á praza de Ourense por Linares Rivas. Este será o primeiro tramo do percorrido que terá unha duración prevista de hora e media chegando ao redor das 19,30 horas á praza de Ourense.

Despois seguirá polos Cantóns e avenida da Mariña ata Porta Real, termnando na praza de María Pita sobre as 20,30 horas. Xa ás 21,15 horas, os Reis Meigos saudarán desde o Palacio Municipal a todos os nenos presentes na sala.

O percorrido contará con catro puntos accesibles e dous sen ruído. Os primeiros estarán na rúa Alcaldez Pérez Ardá, na praza de Ourense; na Mariña, fronte á Subdelegación do Goberno e en María Pita, na zona lateral próxima á rúa Troncoso. Os segundos estarán no viaduto da Rolda de Oueiro e no Teatro Colón.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...