Segue dando tumbos o polémico concurso da xestión das 8 Escolas Infantís Municipais. O venres facíase pública a exclusión da empresas Sararte (a que saíu gañadora condoconcurso municipal anunciado en setembro para xestionar as escoliñas Luís Seoane e Agra do Orzán) do procedemento, tralo recurso posto polas xestoras orixinais. Un cambio que afecta ademais a todo o concurso, segundo avanzaba o goberno municipal a última hora do venres.
I é que a mesa de contratación ratificou as irregularidades na documentación que achegou Sararte. “Desde o Concello estase a investigar o acontecido para determinar as accións oportunas a emprender”, afirman.
O caso é que o coa exclusión da dita firma, o Concello, a pesar das peticións da oposición de anular todo o proceso, fai esta proposta de adxudicacións definitivas:
-
- Lote 1 (EIM Agra do Orzán). Aurora, Pilar e Ana SL.
- Lote 2 (EIM Carricanta do Castrillón). Carricanta SL.
- Lote 3-4 (EIM Os Cativos de Palavea; e EIM Os Rosales). Grupo de Atención a Dependientes SL.
- Lote 5-6 (EIM A Caracola de Novo Mesoiro; e EIM Arela de Elviña). Enequip Serveis Integral SL.
- Lote 7 (EIM Luís Seoane de Monte Alto). Pasiños SL.
- Lote 8 (EIM Monte Alto). López Sancho Monte Alto SL.
Nese caso, Carricanta conservaría a sua escola, pero Dulce Comienzo (actual xestora que ó principio conservaba a súa escola) perdería a de A Caracola en Novo Mesoiro.
Con todo, agora hai 15 días para que poidan recurrir Dulce Comienzo e tamén Sararte, mentres as xestoras orixinais afirman que continuarán co proceso xudicial.
As críticas da oposición
Os dous grupos da oposición cargaron contra este polémico proceso:
Miguel Lorenzo, de feito, presentará ao Pleno outra moción para que a xestión das escolas infantís municipais sexa licitada de novo “Unha vez máis, daránnos razón ás queixas sobre as accións chapuceiras de Inés Rey. A súa incapacidade para xestionar as escolas infantís é un escándalo que podería empeorar porque as irregularidades son graves”.
Pola súa parte, o BNG pide que se anule de oficio todo o concurso e que se repita da forma máis xusta e transparente posible. David Soto aseguraba: “Ao BNG o proceso sempre lle pareceu moi sospeitoso ao adxudicar os contratos a empresas que non se axustaban aos requisitos dos pregos -a calidade do ensino, o coñecemento dos barrios, a promoción da lingua galega…”

