InicioA CORUÑAO Concello da Coruña acolle unha exposición do "virutoso" pintor Manuel Ayaso

O Concello da Coruña acolle unha exposición do “virutoso” pintor Manuel Ayaso

Publicada o

Por europapress

A sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita acolle desde este xoves a exposición ‘Manuel Ayaso. Testemuño do invisible’, na que se fai un repaso á traxectoria artística deste pintor. A mesma, aberta ata o 12 de marzo, está integrada por 84 pezas de diferentes etapas e estilos pictóricos.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, interveu na apertura da mostra, xunto ao comisario da mesma, Alfonso Costa. No acto, agradeceu a presenza de Manuel Ayaso e destacou a súa calidade artística e o compromiso coa pintura e a cultura, ademais de resaltar a súa trayetoria.

“É un virtuoso, capaz de regalarnos o seu talento e de facernos mirar cara ao invisible, cara á esencia das nosas vidas, da nosa contorna e da nosa sociedade”, indicou o concelleiro en liña co comisario da mostra.

ÚLTIMAS

Unha administración da Agra do Orzán reparte 10 millóns de euros do terceiro premio

Unha administracion de lotaría da Coruña, situada en rúa Alcalde Lens, repartiu dez millóns...

O mapa de BiciCoruña conta xa con 79 estacións

Segue mellorando o grupo de goberno o servizo de BiciCoruña. A recta final da...

Rodrigo Cuevas traerá a súa experiencia inmersiva ‘La Belleza’ ao Coliseum da Coruña en 2026

O cantante asturiano Rodrigo Cuevas anunciou as datas da súa última xira 'La Belleza'...

Renova Galiza, cando a diáspora fai país en Galicia e en Cataluña

Galicia, Cataluña e a visión de galegas e cataláns na construción da conciencia nacional....