InicioA CORUÑAO CHUAC, un ano máis entre os centros con máis actividade transplantadora...

O CHUAC, un ano máis entre os centros con máis actividade transplantadora do estado

Publicada o

Por editor
  • O centro superou neste 2022 o millar de donantes dende que comezo o programa.
  • A taxa de doazón da nosa Área Sanitaria sitúase moi por riba da media estatal.

——

Un ano máis o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña atópase entre os centros cunha maior actividade transplantadora a nivel nacional con 211 transplantes de órganos sólidos no ano 2022. Concretamente o CHUAC está no posto 10º a nivel estatal, a pesar de caer un 10% a actividade por mor da pandemia durante os primeiros meses do pasado ano.

Ademais, é o 2º hospital de España — só superado polo Hospital A Fe, de Valencia — que máis transplantes de corazón realizou, 26.

En calquera caso, cos 37 doantes do 2022, este ano será recordado por superar o millar de donantes dende que o centro comezara o programa de transplantes no ano 1981.

En total realizáronse 98 transplantes de ril, 46 de fígado, 38 de pulmón, 26 de corazón (2º hospital de España que máis fixo) e 3 pancreáticos.

Unha das mellores novas é que a taxa de doazón da nosa Área Sanitaria, con 67,2 donantes por millón de habitantes, sitúase moi por riba da media estatal (46,3) e autonómica (47,6). Superando o obxectivo de 50 donantes/pmh marcado pola Organización Nacional de Transplantes para o ano 2022.

 

ÚLTIMAS

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here